O martes día 4 celebramos no centro o II Día da Arte Galega na Escola homenaxeando a Luis Seoane. Esta edición está adicada á escultura e os nenos e nenas do colexio, coa axuda de dúas estudiantes de Bellas Artes e exercendo de monitores os alumnos/as de 6º de primaria, fixeron esculturas con grandes doses de creatividade e orixinalidade.
Tamén temos unha exposición de obras escultóricas de artistas da zona: Otero Regal, Hortensio, Abraham Corujo... e de obxectos de cerámica de Sargadelos, Buño, Gundivós, Burelarte e Otero Regal.
O mércores día 5 visitou o colexio o artista Otero Regal para dar unha charla sobre o seu traballo.
Da gusto velos crear e ver como a escola sae fóra das paredes das aulas para apreciar "a arte que nos rodea". Grazas pola vosa participación neste día! Unha aperta dende Cervo!
ResponderEliminarMAría, encargada da biblioteca Ceip de Cervo.
http://bibliocervo.blogspot.com.es/