Tivemos a festa de Halloween con Katie, a nosa auxiliar de conversa, que nos ensinou as diferentes tradicións dos Estados Unidos durante esta celebración.
Fixemos unha exposición de "Comida de Halloween".Os nenos e nenas participaron en obradoiros de "comida terrorífica", nos que elaboraron diferentes pratos con laranxas, galletas e algunha lambetada. Os nenos e nenas de 6º disfrazáronse e fixeron de monitores e axudaron nas clases aos nenos e nenas a preparar a comida.
Tamén elaboraron cabazas con papel, máscaras e teas de araña para adornar.
Logo seguindo o costume houbo "truco ou trato" e os nenos e nenas de 6º de Primaria foron polas clases dando lambetadas aos demais compañeiros.
Para rematar, todos os nenos e nenas do colexio cantaron e bailaron a canción "Knock, knock trick or treat".
No hay comentarios:
Publicar un comentario