COVID-19

27/1/14

NO DÍA DA PAZ POÑEMOS O NOSO GRAN DE AREA

Hoxe tivemos a visita de Ana Mejuto, a nai de Xoel de 6º, que nos veu amosar un video sobre a historia de LAIA unha nena saharaui que vive nun campo de refuxiados en Arxelia. Ana contounos como viven alí e ademais dende fai moitos anos acolle na súa casa a nenos/as saharauis durante o verán. Amosounos tipos de roupa que usan, colares e como fan o te. Tamén nos pidiu material escolar para enviarlles aos nenos e nenas da escolas. Imos colaborar con eles traendo materiais o Día da Paz nun contenedor para o Sáhara.  

VOLUNTARIADO DE LECTURA

Seguimos cos nosos alumnos/as voluntarios de lectura "apadriñando lectores" polo centro.
Agora son os rapaces e rapazas de 5º os que van  polas clases durante a hora de ler. Esta semana estiveron cos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º... e tod@s encantad@s!

17/1/14

PARA CELEBRAR O DIA DA PAZ... E TODO O ANO

http://bibliotecasescolaresguip.blogspot.com.es/2014/01/dia-escolar-de-la-paz-y-la-no-violencia.html

 Fermoso video feito polos rapaces e rapaces do CEIP Milladoiro de Malpica baseado no libro "Marce, o carteiro". Graciñas por compartilo con nós.


CAZA DO TESOURO do CEIP Condesa de Fenosa.Graciñas

http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/proxectos/mandela/index.html

16/1/14

EQUIPO DE COLABORADOR@S DA BIBLIOTECA

Este é o Equipo de Colaborador@s da Biblioteca do curso 2013-2014. Son 20 nenos e nenas de 6º que durante os recreos están na biblioteca traballando:ordenan, recollen, axudan aos demais cos librocalizadores... Graciñas a LUIS, XOEL, JUAN, BRUNO, MARCOS, DAVID, NOAH, TATIANA, LUCÍA, AROA, DÉBORA, JENNIFER, ALBA, CLAUDIA, LAURA, LUIS MIGUEL, JORGE, CARLA, XIANA E JULIA.