Hoxe tivemos a visita de Ana Mejuto, a nai de Xoel de 6º, que nos veu amosar un video sobre a historia de LAIA unha nena saharaui que vive nun campo de refuxiados en Arxelia.
Ana contounos como viven alí e ademais dende fai moitos anos acolle na súa casa a nenos/as saharauis durante o verán. Amosounos tipos de roupa que usan, colares e como fan o te.
Tamén nos pidiu material escolar para enviarlles aos nenos e nenas da escolas.
Imos colaborar con eles traendo materiais o Día da Paz nun contenedor para o Sáhara.
No hay comentarios:
Publicar un comentario