Seguimos coas actividades do proxecto "Voluntariado de lectura".
Esta vez foron os nenos e nenas de 5º de Primaria de visita á ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL "SAN ROQUE" en Viveiro.
Alí fixeron unha lectura do conto "Non quero ser un polbo" co Kamishibai que ilustraron os mesmos nenos/as.
Tamén les leron o libro "Bebé bigotes" e por último dramatizaron "A tartaruga que quería durmir" con monicreques feitos por eles.
Realizaron tres sesións para os nenos e nenas de 3,4 e 5 anos, que se portaron moi ben e estiveron moi atentos.
Foi unha experiencia estupenda para todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario