O colectivo Fabaloba vén de publicar o seu primeiro conto: O neno e a
estrela, unha fermoso achegamento á figura do poeta Xosé María Díaz
Castro dirixido aos lectores máis novos. O libro está editado por Fabaloba edicións, etiqueta que nace ao abeiro do proxecto cultural e educativo Fabaloba.
O propio protagonista desta historia é Díaz Castro cando neno. El é
quen atopa unha estrela que caeu do ceo e foi dar a un pozo de auga da
súa aldea de Guitiriz. O rapaz é o encargado de devolver a estrela ao
seu lugar no universo. Nas poderosas ilustracións represéntase un mundo
de lusco-fusco, anterior á existencia do sol. A obra xoga cos moitos dos
eixos centrais do poemario Nimbos.
Se queres ler o libro preme na imaxe
O libro, que está xa a venda en papel, edítase baixo unha licenza
Creative Commons e a versión dixital xa se pode descargar de balde.
Canda o libro, Fabaloba ten preparadas unha serie de propostas de
dinamización baseadas nel (obradoiros de ilustración, escrita creativa e
contos).
Para descargar o libro ou ver outras actividades sobre Xosé María Díaz Castro , preme aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario