COVID-19

30/3/15

PROXECTO ENREDANDO- OS VERMES DA SEDA

 O CEIP Plurilingüe de  Covas  acolleu  o proxecto Enredando, artesanía na escola, que pon en marcha a Consellería de Economía e Industria a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño e que durante este trimestre permitirá a alumnos de 16 colexios de toda Galicia aprender a obter seda.
 O obxectivo desta iniciativa é achegar aos máis novos os oficios artesanais, contribuíndo así á promoción e posta en valor do sector artesán galego, unha das liñas de acción do novo Plan de Artesanía de Galicia.
Coa segunda parte da unidade didáctica O gremio da seda, o alumnado que xa participara anteriormente no proceso de coidado e a evolución dos vermes da seda, coñece da man de artesáns expertos a extracción desta para a confección do fío de seda.
Os principais obxectivos deste proxecto, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e no que participaron xa máis de 15.000 alumnos desde a súa posta en marcha hai catro anos, son concienciar a sociedade do valor do produto feito á man así como presentarlle aos rapaces e rapazas que a artesanía pode ser tamén unha boa alternativa para o seu futuro laboral. Tamén impulsar o relevo xeracional nos oficios máis tradicionais promovendo o desenvolvemento da artesanía galega a través da formación de futuros artesáns creadores; e amosar á sociedade o valor engadido da artesanía en canto á súa creatividade, patrimonio cultural e tradición.

27/3/15

DÍA DO LIBRO INFANTIL

 Neste ano 2015, o Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra o 2 de abril, en memoria do nacemento de Hans Christian Andersen, lévanos aos países árabes e á palabra e á imaxe creada por dúas mulleres representantes da literatura infantil e xuvenil desa parte do mundo: 
  • Moitas culturas, unha historia, é un texto  de Marwa Obaid Rashid Al Aqroubi, escritora e difusora dos libros infantís nos Emiratos Árabes Unidos.  Traballa pola creación dunha cultura de lectura e por proporcionar libros para nenos e nenas afectadas pola guerra, a inestabilidade política ou os desastres naturais na rexión de Asia Central e Norte de África:
"Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, máis compartimos as mesmas historias"
  • A imaxe que ilustra o cartel do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2015 é de Nasim Abaeian, ilustradora nacida en Isfahán, cidade iraní moi evocadora no mundo dos contos*. Formada en Italia, Sharjah (un dos emiratos integrados nos EAU) e Estados Unidos, actualmente é profesora no departamento de Arte e Deseño da Universidade de Zayed (EAU) e traballa como ilustradora de libros infantis. 
  • * "El criado del rico mercader", conto persa recollido por Bernado Atxaga en Obabakoak
Os carteis e os textos que anualmente edita a IBBY (International Board on books for Young People), xunto coa OEPLI e as entidades colaboradoras (en Galicia, GALIX), arredor do mes de abril, permítennos coñecer autores e ilustradores de distintas sensibilidades e procedencias.

 TEXTO DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2015

23/3/15

ANXO MOURE CELEBROU NO COLEXIO O DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

O contacontos Anxo Moure coa súa Ciclobiblioteca estivo no noso centro  para narrar aos máis pequenos contos sobre o coidado das árbores.

20/3/15

DIA DA ÁRBORE

O xoves día 19 conmemoramos o Día da Árbore (22 de marzo) e os nenos e nenas de 1º prantaron un acivro. Puxéronlle o nome de "Pinchiño Xosé" e coidarán del durante os próximos anos mentres estudien no colexio. Todos os nenos e nenas demostraron moita arte á hora de prantar a árbore. O día 21 de marzo conmemoramos o Día Mundial da Auga. Dende a Deputación de Lugo, cada alumno/a recibiu un libro sobre o Ciclo da auga e das árbores e as Reservas da Biosfera Luguesa.
 

16/3/15

ENCONTROS DAS BIBLIOTECAS DO PLAMBE

Durante os días 12 e 13 tiveron lugar en Santiago de Compostela os Encontros das bibliotecas que pertencen ao PLAMBE (Plan de mellora das bibliotecas escolares). O día 12 estivo adicado as bibliotecas escolares que se incorporaron ao PLAMBE este ano. O día 13 reunímonos 550 responsables/membros dos equipos das bibliotecas escolares de toda Galicia.




 Preme aquí  para ir á páxina onde atoparedes os materiais dos Encontros.

15/3/15

LOLO PROPÓN MÁIS ENIGMAS MATEMÁTICOS

Lolo está a poñernos a proba con novos enigmas matemáticos. A ver si es capaz de resolvelos!

1/3/15

DÍA DE ROSALÍA MATEMÁTICO

Celebramos o Día de Rosalía cunha exposición de traballos feitos polos nenos e nenas co tema das matemáticas.
En algunha clase fixeron figuras xeométricas e en cada cara escribiron versos de Rosalía acompañadas de debuxos.
Noutras clases a imaxinación estivo presente cos cadrados, rombos, números, un ábaco , unha balanza e un tangram.