COVID-19

27/3/15

DÍA DO LIBRO INFANTIL

 Neste ano 2015, o Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra o 2 de abril, en memoria do nacemento de Hans Christian Andersen, lévanos aos países árabes e á palabra e á imaxe creada por dúas mulleres representantes da literatura infantil e xuvenil desa parte do mundo: 
  • Moitas culturas, unha historia, é un texto  de Marwa Obaid Rashid Al Aqroubi, escritora e difusora dos libros infantís nos Emiratos Árabes Unidos.  Traballa pola creación dunha cultura de lectura e por proporcionar libros para nenos e nenas afectadas pola guerra, a inestabilidade política ou os desastres naturais na rexión de Asia Central e Norte de África:
"Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, máis compartimos as mesmas historias"
  • A imaxe que ilustra o cartel do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2015 é de Nasim Abaeian, ilustradora nacida en Isfahán, cidade iraní moi evocadora no mundo dos contos*. Formada en Italia, Sharjah (un dos emiratos integrados nos EAU) e Estados Unidos, actualmente é profesora no departamento de Arte e Deseño da Universidade de Zayed (EAU) e traballa como ilustradora de libros infantis. 
  • * "El criado del rico mercader", conto persa recollido por Bernado Atxaga en Obabakoak
Os carteis e os textos que anualmente edita a IBBY (International Board on books for Young People), xunto coa OEPLI e as entidades colaboradoras (en Galicia, GALIX), arredor do mes de abril, permítennos coñecer autores e ilustradores de distintas sensibilidades e procedencias.

 TEXTO DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2015

No hay comentarios:

Publicar un comentario