COVID-19

4/5/15

EXPOSICIÓN NO COLEXIO DOS TRABALLOS "O REFRANEIRO DE CERVO A VIVEIRO"



Aquí están as fotos da exposición "O refraneiro de Cervo a Viveiro".
Trátase  dunha actividade realizada conxuntamente con outros centros educativos da Mariña (CEP Lois Tobío, EEI San Roque, IES María Sarmiento, IES Vilar Ponte, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán de Xove, CEIP de Cervo, CEIP Pedrosa Latas de Celeiro e o CEIP Plurilingüe de Covas).
O obxectivo é fomentar a lectura entre as familias realizando un traballo plástico que ilustra un refrán.                                                  Uns auténticos artistas!

 A semana do 12 ao 15 de maio, todos os traballos dos nenos e nenas estarán expostos na Sá de usos múltiples do Concello de Viveiro dende as 18:00 ata as 20:00 horas.
 Todos os días haberá actuacións do alumnado dos centros educativos colaboradores.
 Non o perdades!






No hay comentarios:

Publicar un comentario