Os centros educativos integrantes da Microrrede da Mariña xa estamos a traballar no proxecto deste curso "Os soños de Manuel María" para homenaxear a este intelectual da nosa provincia e para fomentar o gusto pola lectura e o traballo coas familias.
Este ano as familias dos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe de Covas escollerán unha palabra que lles guste ou teña un significado especial e realizarán unha obra plástica a modo de ilustración dela.
Temos o placer de contar este ano con tres novos centros na Microrrede: o CEIP de O Vicedo, o IES Perdouro de Burela e o IES Illa de Sarón de Xove polo que ... xa somos 12 centros educativos!
Podedes ver todos os proxectos da Microrrede no enlace: microrredeamarina.blogspot.com
As familias que o desexen poden pedir o material necesario no centro para realizar o traballo.
Tamén poden pedilo por correo electrónico a:
microrredemarina@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario