COVID-19

28/12/16

FESTA DE NADAL

Celebramos o Nadal cunha exposición de postais feitas polos nenos/as do cole. Tamén puxemos o Belén e  tivemos a visita de residentes de Geriatros que dramatizaron a historia do Apalpador.
O día 21 recibimos a Papá Noel e a un Rei Mago e os nenos e nenas entregaron as cartas nas que pedían agasallos para as clases.
Actuaron os nenos e nenas de 4º cunha panxoliña moi bonita, o alumnado de 6º dramatizou a obra de teatro "A outra historia de Carapuchiña" e para rematar os nenos e nenas de 5º e 6º cantaron a canción "All you need is love" co acompañamiento do auxiliar de conversa, Ethan.

nadal16 from Bibliocovas on Vimeo.

Nadal-2016 from Bibliocovas on Vimeo.

18/12/16

MERCADILLO SOLIDARIO EN GERIATROS

Como nos outros dous anos anteriores, este ano tamén colaboramos no Mercadillo Solidario que tivo lugar en Geriatros.
Os nenos e nenas do colexio elaboraron diferentes traballos manuais (bolsas para agasallos, marcapáxinas, colgantes e adornos, tarxetas de felicitación, bonecos de neve...)  coa finalidade de vendelos no mercadillo e recaudar fondos para o Banco de Alimentos.
Ademais visitamos o Mercadillo co alumnado de 6º de primaria. Os nenos e nenas compraron agasallos e así colaboraron nesta boa causa.
No colexio temos a exposición de tarxetas de Nadal e dende a biblioteca queremos que te unas á maxia de ler.

3/12/16

MANNEQUIN CHALLENGE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Todos os nenos e nenas de 3 a 12 anos, profesorado e personal non docente colaboramos para facer un Mannequin challenge co lema  O CEIP Plurilingüe de Covas di STOP á VIOLENCIA DE XÉNERO.
As poses conxeladas representaban actitudes de colaboración, tolerancia, xogo, axuda, respecto, amizade ... contra a intolerancia, maltrato, soedade...

A actuación na gravación por parte dos nenos e nenas foi impecable e os pequeniños fixéronno como auténticos profesionais.


 


Tivemos que facer un segundo video porque a semana pasada houbo moitas baixas debido a catarros, febre, dores de barriga, caídas varias...


26/11/16

BANDA ESCOLA DE GAITAS CACHARELA DE COVAS

Tivemos de novo a visita da Banda escola de gaitas Cacharela de Covas. Esta banda composta por algúns ex alumnos do centro soe vir ao colexio para amosarnos a música tradicional a través dos instrumentos musicales que empregan: a gaita, as cunchas, o pandeiro, o tambor, o bombo e a pandereta. Ademais para a actuación no colexio tivemos de "voluntario" a Basi, o profe de infantil que demostrou un gran talento para o bombo e como artista invitada disfrutamos coa actuación de Sara que está aprendendo a tocar a gaita.
 Por certo, presentáronse moitos voluntarios para probar os instrumentos musicais. 
 Disfrutamos moito con esta visita. 
Grazas!

Banda escola de gaitas Cacharela de Covas from Bibliocovas on Vimeo.

23/11/16

CHARLA ANTI BULLYING



Dentro do PLAN DIRECTOR para a Convivencia e mellora da Seguridade nos centros educativos e os seus entornos, a Policia Nacional de Viveiro dará tres charlas aos nosos alumnos/as de 5º e 6º sobre problemas de seguridade que lles afecta como colectivo. O alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu á primeira charla sobre o Acoso escolar.
Pablo, o policía explicoulles as causas, características e consecuencias do acoso nos centros educativos, así como as pautas para previr e evitar que ocorra.
Ademais viron un video sobre o acoso "El sandwich de Mariana".
Estivo moi interesante e os nenos/as fixeron moitas preguntas relacionadas co tema.
"Se te acosan, agreden ou observas unha agresión, sé valente e cóntallo aos teus pais, aos teus mestres ou contacta coas forzas de seguridade".
  "Se eres ti quen agrede, ponte no lugar de que recibe o dano e imaxina como se sinte".

16/11/16

CELEBRAMOS O MAGOSTO E O DÍA DO PEÓN

O día 11 de novembro celebramos o Día do Peón e o Magosto. Os nenos e nenas do centro comimos as castañas asadas pola panadería da localidade (Panadería Covas) e tamén nun asador tradicional pola nosa conserxe Leticia.
Estaban boísimas!

A continuación viñeron os Xogos Populares por estacións (rá, zancos, peóns, corro da pataca, mariola, xogos de mans, corda, goma) nos que participamos todos os nenos e nenas do colexio. Os alumnos/as de 6º de primaria exerceron de monitores tanto nos xogos como axudando aos máis pequeniños a pelar as castañas.

Tivemos exhibición de auténticos profesionais bailando o peón e unha exposición de peóns decorados xunto co Manifesto do Peón escrito por Xabier P. Docampo.

4/11/16

ETHAN, O AUXILIAR DE CONVERSA XA ESTÁ NO COLEXIO

Xa está no centro Ethan, o noso auxiliar de conversa para este curso 2016-2017. A función do auxiliar de conversa é axudar aos nenos e nenas a mellorar a competencia lingüística especialmente a comprensión e expresión oral, amosarnos a cultura e costumes do seu país e aprender as nosas.
Dámoslle a nosa benvida e desexámoslle unha grata estancia no colexio e en Viveiro.


VOLTA AO COLE 2016 CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL


VOLTA AO COLE 2016 CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
A Fundación Unoentrecienmil  organizou unha carreira solidaria o 21 de outubro dentro do proxecto A volta ao cole, cuxa finalidade é a sensibilización e concienciación da importancia que ten a investigación para a leucemia infantil.
Unoentrecienmil é unha Fundación sin ánimo de lucro nacida no 2012 que xa destinou 275.000 € en tres Becas de Investigación. Crea proxectos sociais innovadores cuxos fondos van dirixidos á Investigación contra a leucemia infantil, convertíndose na única ONG en España comprometida a adicar TODOS os beneficios a este fin.
Todos os nenos/as e profesoras do centro deron unha volta á pista do centro, primeiro os nenos/as de Infantil e despois os/as de primaria.
Os nenos/as e familias fixeron aportacións voluntarias na hucha habilitada para tal fin no patio do colexio.
Grazas a tod@s por colaborar!

31/10/16

THE SKELETON DANCE

E para celebrar o Halloween, todos os nenos e nenas do colexio fumos á biblioteca. Alí Paula, Uxía e Alba tiñan preparada unha historia con monicreques dun esqueleto moi bailarín. Os nenos e nenas de 1º puñéronlle os nomes aos ósos en inglés e despois bailamos todos o baile The skeleton dance que xa preparáramos nas clases.

Ademais os nenos e nenas de Infantil e de 1º de primaria fixeron un Obradoiro de máscaras de Halloween. Con goma eva recortaron, pegaron e saíron estas máscaras tan terroríficas.

29/10/16

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

EXPOSICION CABAZAS_HALLOWEEN from Bibliocovas on Vimeo.
Para celebrar o Halloween fixemos unha exposición de cabazas decoradas polas familias do centro. Trouxeron unhas 115 cabazas cada unha máis sorprendente e orixinal. Os nenos e nenas axudados polas familias traballaron con toda clase de materiais dende teas ata culleres de plástico pasando por follas, froitos , xoguetes, roupa...

O CEIP Plurilingüe de Covas da as grazas a todas as familias polos traballos tan bonitos, creativos e terroríficos.

25/10/16

O DÍA DA BIBLIOTECA INVENTAMOS PAREADOS

O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca e nas aulas inventamos pareados relativos ao libro, á lectura e á biblioteca. Aquí temos unha mostra dos pareados que crearon os nenos e nenas do centro.


24/10/16

DÍA DA BIBLIOTECA- ACTUACIÓN DOS MESTRES E MESTRAS

Para celebrar o Día da Biblioteca non hai nada como unha obra de teatro. Algúns mestres e mestras do colexio animáronse e representaron o conto "O coelliño branco" de Xosé Ballesteros.
Unha dramatización moi divertida e que foi seguida polos nenos e nenas do centro con gran expectación. Temos auténticos artistas no cole.


coelliño_branco from Bibliocovas on Vimeo.

16/10/16

O NOSO COLE RECOLLEU TAPÓNS PARA JOANA

O noso colexio participou na campaña solidaria "Tapóns para Joana" que consistiu na recollida de tapóns de plástico para axudar na compra de aparellos e mellorar a calidade de vida de Joana, unha rapaza de 12 anos que sufre unha hidrocefalia que lle foi detectada cando aínda non nacera.
Nas fotos vemos unha representación dos nenos e nenas, a Loli e a Leticia facendo entrega das bolsas cheas de tapóns.
Grazas a tod@s pola vosa aportación!




5/10/16

OS NENOS E NENAS DE 6º VAN IR Á ENGLISH WEEK

Doce nenos e nenas de  6º curso de Educación Primaria van participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week,


 O lugar onde se realizará a actividade de inmersión lingüística "English week" será no Centro de Inmersión Lingüística Peares (Carballedo- Lugo)  do 23 ao 29 de outubro.
1. O obxectivo principal deste programa é proporcionar ao alumnado participante unha actividade de inmersión lingüística que lles permita mellorar as súas destrezas de com­prensión e expresión oral en lingua inglesa, a través de actividades non só académicas senón tamén de carácter cultural e/ou deportivo, que servirán de reforzo ao programa ordi­nario do currículo dos alumnos e das alumnas.
2. O desenvolvemento das actividades terá lugar en períodos semanais. O comezo da actividade terá lugar un domingo pola tarde e a saída o sábado seguinte pola mañá.
3. As actividades desenvolveranse entre os meses de novembro e decembro de 2016.
4. O contido dos cursos inclúe un programa de actividades académicas, de tempo libre e obradoiros. En calquera caso, a finalidade do programa é promover a convivencia entre o alumnado e a motivación pola comunicación en lingua inglesa, facendo uso de medios tecnolóxicos que favorezan a devandita aprendizaxe.

5. A metodoloxía será activa, lúdica e cooperativa; promoverá aprendizaxes significati­vas por parte do alumnado, incidindo na educación en valores democráticos e nos aspec­tos relacionados coa sustentabilidade e coñecemento do contorno.

AS MOCHILAS VIAXEIRAS VAN AS CASAS DOS NENOS E NENAS DE COVAS

Onte saíron as mochilas viaxeiras. As primeiras do curso van as casas de Sofía, Hugo, Sara, Tania e Dani Dopico.
Todos estaban moi contentos cando recibiron a súa mochila.
Esperamos que disfrutedes coa vosa familia das lecturas, dos libros, a música e a poesía!

Sofía e Hugo 

Sara intentando levantar a mochila

Tania, Sofía, Hugo, Dani Dopico e Sara os primeiros mochileiros


Os pequenos precisaron a axuda de Marta e Manuela

3/10/16

COMO USAR O LIBROCALIZADOR

Marcos ensinoulles aos nenos e nenas de 5 anos como utilizar o librocalizador na biblioteca.
Esta é unha das actividades que realizamos dentro das accións de formación de usuarios durante o primeiro trimestre.


2/10/16

NOVOS CARNÉS DA BIBLIOTECA

Temos novos carnés coa imaxe de Lolo para as aulas. Con eles poderemos levar lotes de libros en préstamo para as clases.

 

EQUIPO DE COLABORADOR@S DA BIBLIOTECA


equipo colaborador@s da biblioteca 16-17 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Xa temos o novo Equipo de Colaborador@s da Biblioteca 2016-2017. Todos os nenos e nenas de 6º de primaria (24) pasaron por un cursiño de formación e unha vez rematado asinaron os contratos de colaborador@s.
Os diferentes equipos  comezarán o seu traballo na biblioteca durante o recreo.
Grazas a tod@s por colaborar!

23/9/16

CHARLA SOBRE A DISCAPACIDADE (ASPANANE)

A sicóloga de ASPANANE Isabel veu ao colexio para dar unha charla ao profesorado sobre o programa de sensibilización sobre discapacidade na comunidade educativa "EU=QUE TI". A charla foi seguida polo profesorado do centro co fin de concienciar a través de Unidades Didácticas e cinefórum con historias e actividades sobre a discapacidade ao alumnado de Educación Infantil e Primaria.
As actividades teñen como obxectivo que tomen conciencia sobre as dificultades que atopan diariamente as persoas con discapacidade.










18/9/16

A BIBLIOTECA XA ESTÁ EN ACCIÓN

A nosa biblioteca xa estivo chea de actividades na primeira semana de curso.
Para conmemorar o IV Centenario da morte de Miguel de Cervantes, os nenos e nenas de 6º fixeron unha busca do tesouro, con preguntas sobre o autor.
Os nenos/as axudados de Geluca estiveron practicando o uso do Librocalizador e os préstamos dentro das actividades de Formación de usuarios que realizamos durante o primeiro trimestre.

11/9/16

LOLO DAVOS A BENVIDA Á BIBLIOTECA

Lolo - ou SuperLolo- como lle gusta que lle chamen dende que o curso pasado estrenou unha capa de superheroe, é a mascota da biblioteca.
Dende a porta de entrada do noso recuncho dos libros, da a toda a comunidade educativa a benvida ao novo curso 2016-2017.

6/9/16

BENVID@S Á BIBLIOTECA

Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos). 


"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.
A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  
Nos últiimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas. Cómpre agora facer visible esa parte do coñecemento humano que conecta directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples actividades programadas anualmente con está temática.

13/7/16

MORREU AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ


AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ (Vilalba, 29 de maio de  1947-Vigo, 12 de xullo de 2016) foi un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil, en Galicia e no resto de España.
 Autor de máis de corenta e cinco títulos dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís. 
Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás linguas máis importantes.
Obtuvo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil concedido no ano 2008 entre outros.

5/7/16

FESTA DE FIN DE CURSO

Para rematar o curso celebrámolo cunha gran festa na que actuaron os nenos e nenas do cole e algunhas mestras. A festa tivo lugar no patio cuberto e o bo tempo axudou a que fora un éxito coa asistencia das familias dos alumnos/as.
As actuacións foron moi variadas e houbo: teatro a cargo dos nenos e nenas de 5º coa obra "O restaurante Farruco" e 6º coa obra "Pecas, Dragoncín e o tesouro"; bailes, cancións, recitado de poemas de Manuel María, a actuación especial de Rosa Anaisa bailando e unha graduación dos nenos e nenas de 5 anos de Infantil.
Ana Corujo, a nosa exalumna e graduada en Bellas Artes,  deseñou e fixo os decorados.
Grazas a tod@s pola vosa asistencia e participación.


18/6/16

Como despertar o amor polos libros nos nenos e nenas

A lectura aporta moitos beneficios para os nenos e nenas, dende a aprendizaxe das palabras e ortografía ata a mellora da concentración, a memoria e a imaxinación. Por iso convertir a lectura nun hábito dende unha idade temperá é de suma importancia, pero moitas veces non é doado animalos a ler. Ver curtas ou películas ambientadas nos libros ou na lectura deles pode ser un bo comezo para que os nenos e nenas aprecien a lectura.  Estos videos poden axudar a despertar o amor polos libros.

Publicado na Red Iberoamericana de docentes.

 





Much Better Now from Salon Alpin on Vimeo

Algúns títulos de películas que fomentan a lectura: El guardián de las palabras, Matilda, El valiente Despereaux, La historia interminable, La princesa prometida, Corazón de tinta...
matilda

el-valiente-despereaux

historia-interminable
9-corazon-tinta




5/6/16

V DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA

O día 1 de xuño conmemoramos o Día da Arte Galega na Escola. Este curso como o monográfico da biblioteca xira arredor dos seres fantásticos, decidimos decorar as portas das aulas e outras salas do colexio con motivos fantásticos. Todos os nenos/as, profesorado e personal non docente traballaron moito e así de bonitas quedaron. Noraboa!

DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA 2016 from MisisRoller on Vimeo.

29/5/16

OS SOÑOS DE MANUEL MARÍA

Este é un video da exposición e as actividades dinamizadoras da Microrrede da Mariña que tiveron lugar no teatro Pastor Díaz para conmemorar as Letras Galegas e homenaxear a Manuel María. Agradecemos a todas as familias a súa colaboración tanto na realización dos traballos como na asistencia ás actividades de dinamización.

Música: "Todo me fala de ti" "Canta o cuco"(Uxía e Magín Blanco)


Microrrede da Mariña- Os soños de Manuel María from MisisRoller on Vimeo.

28/5/16

ENTREVISTA A MAGGIE


maggie interview - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Os nenos e nenas de 6º curso entrevistaron a Maggie, a auxiliar de conversa que estivo este curso no centro.
Para o curso próximo irá para os Estados Unidos porque ten "morriña" e añora a súa familia e amigos. Gustoulle moito coñecer España e Galicia e quere ser profesora (aínda que se poidera elexir un traballo sería cantante dunda banda de rock).
Todos no colexio a botaremos de menos e desexámoslle moita sorte!

Maggie Interview

22/5/16

LETRAS GALEGAS 2016

Celebramos as Letras Galegas con recitados de poemas de Manuel María por parte dos nenos e nenas do colexio e tamén actuou Maggie, a auxiliar de conversa, recitando o poema "Galiza" que foi moi entrañable.
Tivemos a visita sorpresa dalgúns dos maiores residentes de Geriatros que nos cantaron poemas de Manuel María. Despois da actuación os nenos e nenas acercáronse para falar con eles e ademais agasallaron ao centro cunha botelliña de palabras en galego.
Grazas a tod@s por esta estupenda xornada!

20/5/16

XORNAL "O CHARLATÁN DE COVAS" 2016

Xa saiu o último número do xornal escolar "O Charlatán de Covas", este curso o tema central eran os seres fantásticos e o personaxe homenaxeado Manuel María.
Grazas a todos os nenos e nenas por este gran traballo.




O CHARLATÁN DE COVAS PARA DESCARGAR (preme na frecha que tes na parte inferior do documento)

17/5/16

LA LORA LICA- un conto escrito por NOA de 3º curso

La lora Lica é un conto que escribiu Noa, unha nena de 3º curso á que lle gusta ler, escribir e debuxar. Noraboa polo conto e moitas grazas por compartilo con nós!

15/5/16

BANDA ESCOLA DE GAITAS CACHARELA DE COVAS

Como nos gusta a música, a Banda Escola de Gaitas Cacharela de Covas estivo no colexio. Rodrigo, o director, ensinounos os diferentes instrumentos típicos da banda: a gaita, o tamboril, o bombo, as cunchas e a pandereta. Rodrigo veu acompañado de tres compoñentes da banda e ex-alumnos do colexio (Héctor, David e Antón). Tocaron pezas populares e foi un verdadeiro placer que estiveran con nós. Grazas!

11/5/16

BUSCANDO A CERVANTES


busca tesouro cervantes - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Para conmemorar o Mes dos Libros organizamos unha busca do tesouro sobre Cervantes.Os nenos e nenas de 5º e 6º foron quen de resolver as preguntas sobre a vida e obra de Cervantes na biblioteca.
Previamente tiveron que apuntarse e investigar sobre o escritor.
As probas consistiron en preguntas de busca pola biblioteca, liña do tempo, mapas, consulta na CDU, escribir obras de Cervantes, buscar libros sobre as obras do escritor...
Os grupos que lograron resolver todas as preguntas correctamente e en menos tempo foron os gañadores.
Estas fotos son dos alumnos/as de 6º curso de primaria e que tiveron a sorpresa de Luke, o noso auxiliar de conversa durante o curso 2012-2013 que estivo no colexio con motivo da súa visita a Viveiro.

29/4/16

O RESTAURANTE FARRUCO- obra de teatro representada por nenos e nenas de 5º de primaria

Os nenos e nenas de 5º curso de primaria puxeron o broche final ao Mes dos Libros cunha representación da obra "O restaurante Farruco" de Chus Pereiro. Todos no centro disfrutamos desta fantástica actuación duns verdadeiros artistas. Noraboa a todos os nenos e nenas de 5º!

27/4/16

MINI E MERO CANTÁRONNOS A MANUEL MARÍA

Onte tivemos a visita de Mini e Mero, dúo de cantautores e mestres da Terra Chá.
Membros históricos do grupo Fuxan os Ventos e membros do grupo  A Quenlla.
No colexio cantaron cancións do libro de Manuel María "Os soños na gaiola" que foron coreadas polos nenos e nenas. Tamén nos contaron historias e remataron coa emblemática canción "O carro".

26/4/16

VIDEO DA EXPOSICIÓN "Palabras nosas"

Este é unha pequena mostra dos estupendos e creativos traballos feitos polos alumnos/as e as súas familias. Aínda estamos a recibir máis traballos para a exposición... animádevos! Podedes ver a exposición no colexio... estamos esperando!

Palabras nosas from MisisRoller on Vimeo.

25/4/16

RECITADO DO POEMA "A FALA" POLOS NENOS E NENAS DO COLEXIO

Este é unha parte do poema "A fala" de Manuel María no que se está inspirado o proxecto "Palabras nosas".
 No recitado deste poema colaboraron nenos e nenas dende 3 anos ata 6º curso de primaria (Julia, Lola, Arale, David, Victor, Tania, Marcos, Sophia, Hugo, Ana, Eduardo, Iris, Elena) e Maggie, a auxiliar de conversa do cole.
 Podedes ver a exposición "Palabras nosas" no colexio ata o 9 de maio, data na que levaremos os traballos ata o Teatro Pastor Díaz de Viveiro para a gran exposición conxunta dos centros integrantes da Microrrede da Mariña.

 Grazas a tod@s por esta colaboración.

24/4/16

ACTUACIÓN DE MAXIA

O venres tivemos a visita dos magos Jorge e Kiko Carrolo da asociación de magos AMAM que deleitaron coa súa actuación aos nenos e nenas do colexio con motivo do Mes da Maxia na Mariña.
Este espectáculo  entra dentro das actividades desenvolvidas no proxecto da biblioteca deste curso sobre "Os seres fantásticos" e ademais para conmemorar o Mes dos Libros dunha maneira "máxica".


21/4/16

PALABRAS NOSAS-EXPOSICIÓN NO COLEXIO

Estamos en pleno Mes dos Libros poñendo en marcha diferentes actividades para os nenos e nenas do colexio.
Ademais temos montada a exposición sobre o proxecto deste curso que levamos a cabo xunto cos centros educativos integrantes da Microrrede da Mariña. O proxecto no centro leva o título de "Palabras nosas" e son numerosas as familias que están a colaborar. Os traballos son moi variados e creativos. Grazas a todos pola vosa colaboración!
Aquí temos algunha foto da exposición... menudos artistas!!





17/4/16

DIA MUNDIAL DO LIBRO

"Os libros son para valentes" Pedro Feijoo

Achégase o Día Mundial do Libro, o 23 de abril, unha das datas máis significativas do calendario civil nas bibliotecas escolares galegas. Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un pequeno díptico cun texto orixinal agasallo dun autor ou autora galega. Desta vez, o texto co que celebramos o Día do Libro é de Pedro Feijoo, un dos creadores galegos máis lidos nos clubs de lectura dos centros de ensino, quen afirma con rotundidade no seu texto Os libros son para valentes: "... eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae adiante, como se avanza. Ou polo menos como poñerlle o rabo ás cereixas..."




IV CENTENARIO DA MORTE DE  Miguel de Cervantes.


No noso colexio imos rendirlle unha homenaxe a Cervante cunha "Busca do tesouro" e unha representación teatral polos alumnos e alumnos de 5º curso de primaria.

5/4/16

OS SOÑOS DE MANUEL MARIA, novo proxecto da MICRORREDE DA MARIÑA

Os centros educativos integrantes da  Microrrede da Mariña xa estamos a traballar no proxecto  deste curso "Os soños de Manuel María" para homenaxear a este intelectual da nosa provincia e  para fomentar o gusto pola lectura e o traballo coas familias.
Este ano as familias dos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe de Covas escollerán unha palabra que lles guste ou teña un significado especial  e realizarán unha obra plástica a modo de ilustración dela.
Temos  o placer de contar este ano con tres novos centros na Microrrede: o CEIP de O Vicedo, o IES Perdouro de Burela e o IES Illa de Sarón de Xove polo que ... xa somos 12 centros educativos!

Podedes ver todos os proxectos da Microrrede no enlace: microrredeamarina.blogspot.com


As familias que o desexen poden pedir o material necesario no centro para realizar o traballo.
Tamén poden pedilo por correo electrónico a:
microrredemarina@gmail.com

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL (2 DE ABRIL)

Celebramos o Día do libro infantil cun agasallo dun marcapáxinas para cada neno/a. O marcapáxinas ten o debuxo de Lolo para que os nenos e nenas colorearon e levaron para a casa.






http://www.galix.org/

http://www.galix.org/2016/03/xvii-salon-do-libro-infantil-e-xuvenil.html