COVID-19

4/2/17

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ

O Día 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz e a Non Violencia na escola. 
Coa asistencia das familias dos alumnos/as, a presentación do acto fixéronna unha nena de 6º de primaria e un neno de 5 anos. Despois da lectura de poemas de GLORIA FUERTES (cúmprese o centenario do nacemento da escritora) celebrámolo cun baile colaborativo de todos os nenos e nenas do colexio. O alumnado de 6º axudou aos máis pequeniños. 
Ademais bailaron dúas cancións relacionadas coa amizade, tolerancia, respecto polas razas...
Colgamos un mural cun tren da paz na que os vagóns contaban a biografía de persoas que recibiron o premio Nobel da Paz (Barack Obama e a Nai Teresa de Calcuta) e ONG (Médicos Sen Fronteiras) e debuxos feito polos nenos e nenas do colexio.
As familias colaboraron nesta actividade decorando pombas e escribindo palabras/frases alusivas á Paz, colaboración, respecto, non violencia...  
A participación das familias foi moi alta e as pombas destacaban pola orixinalidade e materiais empregados.
Durante todo o mes na biblioteca  tivemos expostos libros e nas aulas traballaron sobre a paz.







Esa misma tarde, o alumnado de 6º curso invitou ás súas familias á obra de teatro que puxo en escena na biblioteca do centro e que se titulou "A outra historia de Carapuchiña".
Actuaron como auténticos profesionais, con máis nervos pola presencia dos familiares, e foron moi aplaudidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario