COVID-19

3/5/17

CHARLA DE SEPRONA PARA OS NENOS E NENAS DE PRIMARIA

O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) é unha unidade da Garda Civil en España, encargada da conservación da natureza e os recursos hidráulicos, así como da riqueza cinexética, piscícola, forestal e de calquera outro mester relacionado coa natureza.
Creado no ano 1988 e reorganizada no ano 2000, o SEPRONA ten a misión de evitar agresións ó medio ambiente, e a de protexer os bens mobles e inmobles catalogados como Bens do Patrimonio Histórico en todo o territorio español e no seu mar territorial, incluída a preservación de especies protexidas e ameazadas.

Roberto, un garda civil que realiza o seu traballo na unidade de investigación, explicou aos nenos e nenas de primaria as funcións que realizan, as diferentes unidades que hai (Servizo de incendios, de montaña, de investigación...) e como podemos axudar para protexer a natureza.
Os nenos e nenas fixeron moitas preguntas e estiveron moi interesados na charla demostrando que saben que hai que coidar  da natureza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario