COVID-19
▼
10/6/17
O NOSO COLE CUMPRE 25 ANOS!
25 anos colexio
Un 23 de setembro de 1991 abría as súas portas con certo retraso por unhas obras sen rematar, un novo colexio no barrio de Covas, en Viveiro. As antigas “Escolas vellas” de Covas quedaranse pequenas e antigas e non daban cabida á nova reforma educativa que se estreaba co novo colexio (LOGSE), e que mudaba un sistema educativo que permanecía inalterable dende a Ley de Educación de 1970.
Dende aquel día foron moitas as leis educativas que se foron sucedendo, e moitos os mestr@s e alumn@s que pasaron por unhas aulas que se quedaban pequenas para tantas ganas de aprender. Tantos cambios que, o que nun principio se chamaba “Colexio Público de EXB de Covas” convirteuse no actual “CEIP Plurilingüe de Covas”, cun claustro de profesor@s que conserva mestras que o acompañaron na súa historia, e que xa o foron dunhos alumn@s que agora son os pais dos actuais nen@s que acoden cada mañá coas súas mochilas cargadas de ilusión.
Neste curso 2016-2017, que estamos a piques de rematar, cumplimos 25 anos ensinando e aprendendo cos nen@s de Covas, e queremos facer partícipes e celebralo con todos aqueles que dun ou doutro xeito formaron parte da súa comunidade educativa: alumn@s, pais, nais, ANPAS, profesorado, conserxes, auxiliares de conversa, coidadora, limpadoras, veciños, servicios do concello...todos XUNTOS demos forma aos 25 anos de historia do noso colexio.
O 25 aniversario é un momento moi especial e non o queremos deixar pasar, e debémolo celebrar cunha exposición de fotos que aportaron antigos alumnos/as e profesorado que está ou estivo no centro.
Unha morea de recordos vividos dende o 1991. Pasade polo centro para ver as fotos e lembrar os vellos tempos!
Tamén hai unha exposición dos xornais " O Charlatán de Covas" que editamos dende os comezos e que agora publicamos en formato dixital.
Queremos lembrar a todas as persoas que pasaron polo colexio: alumnos/as, profesorado, conserxes, ANPAS, personal non docente... xa que entre todos construímos o que é o noso colexio na actualidade.
Graciñas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario