Magosto.Dia do peón.Xogos populares from Bibliocovas on Vimeo.
Canción "Vive o Magosto" composta por José Manuel López Cabana
O día 13 de novembro celebramos o Magosto e o Día do Peón (exposición de peóns decorados). Como en anos anteriores os nenos/as trouxeron unha presa de castañas que nos asaron na panadería da localidade (Panadería Covas). Tamén degustamos unhas castañas asadas á maneira tradicional pola nosa conserxe.
Previamente os nenos e nenas fixeran uns contenedores para meter as castañas con materiais de refugallo (envases de leite).
Canto nos souperon!
Cando as rematamos, todos xuntos bailamos a canción Vive o Magosto e disfrutamos de XOGOS POPULARES por estacións (corda, goma, zancos, rá, chapas, mariola, peón, chave, guialo aro...).
Agradecemos a axuda dos nenos e nenas de 6º de primaria que contribuiron a que a actividade fora un éxito repartindo as castañas, axudando aos máis pequeniños a pelalas e exercendo de monitores nos xogos ensinando aos demais como xogar e coidando de que todos o pasaran ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario