COVID-19
▼
23/5/18
HORTO ESCOLAR
Horto escolar 18
Obxectivos relacionados co horto
Coñecer os beneficios que nos proporcionan as plantas ornamentais.
Recoñecer os diferentes tipos de ornamentais que existen.
Facer unha listaxe de plantas ornamentais en relación con Galicia.
Concienciar da cantidade de posibilidades que nos ofrece a natureza para o noso benestar físico e psíquico.
Fomentar o traballo en equipo facendo aos alumnos partícipes na organización das diferentes labores do horto.
Aprender a cultivar e coidar o xardín
Animar aos alumnos a ter un pequeno xardín na casa porque é san e económico.
Fomentar unha verdadeira educación ambiental na escola.
Desenrolo do proxecto para o curso 17-18
Setembro: Recolección dos froitos que quedaban na terra.
Outubro: Intentamos desfacernos dunha planta invasora que se apoderou do noso horto. Resultou misión imposible.
Marzo: Comezamos a facer sementeiros na nosa mesa de traballo. Fóra era imposible saír, debido ás inclemencias do tempo e as características do noso horto.
Abril: Os nenos e nenas máis pequenos plantaron Gladiolos e Liliums, que levarán logo para a casa.
Os de 5 anos sementaron e trasplantaron Tagetes que tamén levarán para a súa casa cando medren.
Maio: Os máis grandes están traballando fóra, ahora que o tempo o permite. Pero a verdade é que vai todo un pouco atrasado.
Obxectivos relacionados cos Maios
Dar a coñecer a festa dos Maios e as súas características.
Recuperar a tradición de celebralos na nosa escola.
Os Maios en Viveiro.
Participar en colaboración con outros centros da zona na celebración dos Maios polas rúas do noso pobo.
Participar nunha exposición conxunta relacionada cos mesmos con murais e manualidades feitas polos nenos.
Desenrolo do proxecto
Como xa dixemos, en marzo empezamos a sementar plantas ornamentais co fin de ter flores para levar para a casa e para a festa dos Maios.
A partir de abril recollimos flores do campo que puxemos a secar para a elaboración de cadros, marcapáxinas...
Estamos preparando e ensaiando as cantigas que se van cantar o día do desfile polo pobo.
Tamén estamos preparando murais, facendo cadros e outras manualidades para a exposición conxunta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario