COVID-19
▼
19/11/18
LUZ POZO GARZA, FILLA ADOPTIVA DE VIVEIRO
A poetisa Luz Pozo Garza (Ribadeo 1922) foi nomeada Filla Adoptiva de Viveiro.
Nada en Ribadeo pero aos 8 anos vaise vivir a Viveiro.
BIOGRAFÍA
Nada en Ribadeo pero aos 8 anos vaise vivir a Viveiro.
BIOGRAFÍA
VISITAMOS A GRANXA DE CORAIS
Dentro da campaña escolar Mares de cultura, os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria foron visitar a granxa de corais Coral Reef Water en Viveiro.
Primeiro tiveron unha presentación con Carlos, que lles falou da vida no mar, tipos de animais e características deles. Tamén vimos diferentes tipos de corais e como coidar o medio mariño para salvar os arrecifes de coral.
Despois visitaron a granxa onde están as plantas de coral, os diferentes peixes que viven con eles, da supervivencia dos corais, que necesitan para sobrevivir...
Finalmente Vanesa ensinoulles un acuario con diferentes corais e peixes. Os nenos e nenas fixeron unha morea de preguntas. Foi unha visita moi interesante!
11/11/18
MAGOSTO E DÍA DO PEÓN
O día 19 de novembro celebramos o Magosto e máis o Día do peón.
Como todos os anos, os nenos e nenas trouxeron unha presa de castañas que mandamos asar á Panadería de Covas agás unhas poucas que asou Leti de xeito tradicional.Os alumnos e alumnas prepararon,con materiais de refugallo( xornais, envases de leite,..), contenedores para metelas e os maiores do centro, o alumnado de 6º, repartiu as castañas aos compañeiros e compañeiras e axudou aos máis pequeniños a pelalas.
Despois disfrutamos cos xogos populares grazas a axuda, como non, dos nosos alumnos e alumnas de 6º que exerceron de monitores.Axudaron aos demáis nenos e nenas nos diferentes xogos e coidaban que todos o pasaran ben.Xogamos á corda, goma, zancos, rá, chapas, mariola, peón, chave, guiar o aro e ata pescamos castañas.
Tamén tivemos unha exhibición de auténticos expertos bailando o peón e unha exposición de peóns decorados.
5/11/18
ESCAPE ROOM PARA CELEBRAR HALLOWEEN-SAMAÍN
Con motivo da celebración de Halloween e Samaín xogamos coa actividade do Escape Room (consiste nun xogo de equipo no que o obxectivo é saír dunha habitación resolvendo unha serie de probas).
A historia está baseada na lenda de "A cova da doncela" de Covas que sufreu un feitizo por parte dunha bruxa, e a raíz desta lenda os nenos e nenas tiveron que superar probas, resolver unha serie de enigmas e atopar un sobre para desenfeitizar á doncela.
Houbo diferentes probas de habilidade (resolver un crebacabezas, tirar arañas en vasos, buscar unha chave nunha caixa chea de bolas...), de coñecementos matemáticos e do corpo humano, empregaron os Escornabots, buscaron un libro na biblioteca, responderon a preguntas a partir dunha canción, buscaron en internet...
Participaron todos os nenos e nenas do colexio, aínda que algúns dos máis pequeniños non quixeron porque lles daba medo.
Os alumnos/as de 6º actuaron de monitores e bailaron, actuaron... para dar ambientación á actividade.
Agradecemos a participación de Madison e Lorena que fixeron moi ben os seus respectivos papeis de bruxa e doncela.

Halloween- Escape Room from María Rolle on Vimeo.
1/11/18
VISITA DE XOÁN NEIRA AO COLEXIO
Para conmemorar o Día da Biblioteca visitounos o poeta XOÁN NEIRA LÓPEZ para falarnos e lernos o seu último libro GAIOLA ABERTA, unha escolma de poemas dos seus anteriores libros.
Ademais tivemos un obradoiro de pre-escrita de poesía. Aprendimos a facer Palíndromos, Anagramas, Acrósticos... e regalounos uns preciosos Caligramas para a biblioteca.
Algúns dos nenos e nenas leron diferentes poemas do seu libro.
Disfrutamos cos seus poemas e a súa visita!