COVID-19
▼
11/11/18
MAGOSTO E DÍA DO PEÓN
O día 19 de novembro celebramos o Magosto e máis o Día do peón.
Como todos os anos, os nenos e nenas trouxeron unha presa de castañas que mandamos asar á Panadería de Covas agás unhas poucas que asou Leti de xeito tradicional.Os alumnos e alumnas prepararon,con materiais de refugallo( xornais, envases de leite,..), contenedores para metelas e os maiores do centro, o alumnado de 6º, repartiu as castañas aos compañeiros e compañeiras e axudou aos máis pequeniños a pelalas.
Despois disfrutamos cos xogos populares grazas a axuda, como non, dos nosos alumnos e alumnas de 6º que exerceron de monitores.Axudaron aos demáis nenos e nenas nos diferentes xogos e coidaban que todos o pasaran ben.Xogamos á corda, goma, zancos, rá, chapas, mariola, peón, chave, guiar o aro e ata pescamos castañas.
Tamén tivemos unha exhibición de auténticos expertos bailando o peón e unha exposición de peóns decorados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario