Temos a nosa biblioteca adornada para Nadal. Coa axuda de nenos e nenas de 1º envolvimos libros e fixemos a Olaf, o boneco de neve da película Frozen.
Olaf aconséllanos LER especialmente en Nadal.
COVID-19
▼
16/12/18
COCIÑANDO CON BOLBORETAS NO BANDULLO
Diana Fernández e David Díaz presentaron o seu libro "Cociñando con Bolboretas no bandullo", un libro de receitas para os grandes e pequenos/as.
Diana estudio no colexio cando era CEiP de Covas e agora é profesora de Literatura Galega.
O libro ten unhas preciosas imaxes, é divertido e cada receita conta unha pequena historia, microconto ou poesía. Tamén inclue códigos QR para seguir as receitas no seu canle de Youtube.
Diana escribeu para o colexio unha cariñosa adicatoria no libro.
Xa podes ler este libro na biblioteca!

MERCADILLO SOLIDARIO EN DOMUSVI
Outro ano máis o colexio colabora co Mercadillo Solidario que se celebra en Domusvi (Residencia de maiores) para recaudar fondos para o Banco de Alimentos.
Todos os nenos e nenas do centro elaboraron unhas manualidades preciosas e orixinais para contribuir co noso gran de area.
Nenos e nenas de 6º de primaria foron ao mercadillo e compraron moitas cousas para agasallar este Nadal.

4/12/18
O CEIP PLURILINGÜE DE COVAS ESTÁ DENTRO DO PROGRAMA "RADIO NA BIBLIO"
O noso centro foi seleccionado xunto con outros 29 (o CEIP de Celeiro foi un dos seleccionados) para integrarse no programa "Radio na biblio".
Este programa está dirixido a estimular o desenvolvemento do modelo de biblioteca escolar cara a centros creativos de aprendizaxes promovendo a creación de emisoras/laboratorios de radio co fin de potenciar e favorecer proxectos de educación das competencias informacionais e mediáticas do alumnado, ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo do alumnado e profesorado.

CHARLA DO CIM DE VIVEIRO SOBRE AS EMOCIÓNS
Unha representante do Centro de Información da Muller (CIM) de Viveiro visitou o noso centro para dar aos nenos e nenas de 5º e 6º unha charla sobre as EMOCIÓNS.
Estuvo moi interesante xa que tratou de diferentes aspectos das emocións: como identificalas, características e como xestionalas na nosa vida escolar e familiar.
Os nenos e nenas interactuaron facendo moitas preguntas.

2/12/18
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Para concienciar sobre a igualdade de xénero, os nenos e nenas de 6º de primaria representaron o conto "O libro dos porcos" de Anthony Browne.
Ademais os nenos/as de 5º e 6º cantaron a canción "Depende de los 2".
Na biblioteca temos expostos libros escritos por mulleres e sobre mulleres.
Depende de los 2 from bibliocovas on Vimeo.

CONTOS DO RECREO NO TEATRO PASTOR DÍAZ
O alumnado de 2º e 3º de primaria foron ao teatro Pastor Díaz para ver a obra de Redrum Teatro "Contos do recreo", un espectáculo visual e musical que ten como base o acoso escolar.
A posta en escena foi moi bonita mezclando personaxes reais con monicreques.