O noso centro foi seleccionado xunto con outros 29 (o CEIP de Celeiro foi un dos seleccionados) para integrarse no programa "Radio na biblio".
Este programa está dirixido a estimular o desenvolvemento do modelo de biblioteca escolar cara a centros creativos de aprendizaxes promovendo a creación de emisoras/laboratorios de radio co fin de potenciar e favorecer proxectos de educación das competencias informacionais e mediáticas do alumnado, ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo do alumnado e profesorado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario