COVID-19
▼
1/3/20
ENTROIDO-O COCIDO DE COVAS
Así de ben o pasamos no Entroido disfrazados de COCIDO DE COVAS. Non faltaba nada: grelos, patacas, garavanzos, sopa, porco, os cociñeiros para cociñar para todos nunha gran pota. Os disfraces elaborámolos no cole nuns obradoiros interclases. Durante duas semanas nenos e nenas confeccionamos os grelos, patacas... empregando so materiais reciclados, tea non tea, papel... PERO SEN PLÁSTICO. Ademais o Meco que este ano era una SARDIÑA xa que estamos a traballar no proxecto de centro sobre a ALIMENTACIÓN SAUDABLE, e que nos ordenou durante a semana o que tiñamos que traer ao cole. Fixemos un gran desfile polo Paseo Marítimo de Covas cantando as coplas do Entroido e bailamos e cantamos diante do público formado polas familias dos nenos e nenas. Tamén estaban varios residentes de Domusvi que colaboran todos os anos con nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario