COVID-19

21/4/20

MES DOS LIBROS DENDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1304Aínda na distancia, o mes de abril ferve nas bibliotecas escolares galegas cunha gran variedade de actividades arredor do libro e a lectura. As circunstancias excepcionais obrigan a dar unha pensada á programación do Mes do Libro, as recomendacións e lecturas virtuais, os retos, a participación das familias, a creatividade... ocupan agora este espazo, diferente pero igualmente rico.





Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor - 2020



Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2020.
Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gago, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación: 
"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"
Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario