COVID-19

CEIP DE CERVO (CENTRO LIA2)

 A biblioteca do CEIP de Cervo forma parte do Plan de mellora de bibliotecas escolares desde 2007, cunha actividade sempre moi importante, aberta a colaboracións e compromisos co entorno a través de proxectos propios e de proxectos compartidos coa "micro-rede da Mariña", un dos grupos de colaboración de bibliotecas escolares máis activos de toda a Rede de bibliotecas escolares de Galicia. Co paso dos anos a comunidade educativa do CEIP de Cervo foi construíndo unha cultura pedagóxica ben enraízada no seu medio e aberta  tamén ao mundo, participando, desde o facer da biblioteca, en programas de colaboración europeos. A través de distintas voces desta comunidade de aprendizaxe que pouco a pouco vai construíndose no CEIP de Cervo, arredor da súa biblioteca, podemos coñecer un dos proxectos educativos de maior interese nisto que chamamos as #bescolaresgal: 

NORABOA á Comunidade Educativa do CEIP DE CERVO polo traballo feito na súa biblioteca escolar!

10/12/20

EQUIPO DE COLABORADOR@S DA BIBLIOTECA NO CURSO 2020-2021

 Xa temos o novo Equipo de Colaborador@s da biblioteca.

E xa van 13!!!!!

Está formado por 19 nenos e nenas de 6º de Primaria. Estiveron recibindo formación durante os recreos sobre organización e funcionamento da biblioteca.

Este curso as tarefas asignadas son máis reducidas que nos anos anteriores debido á limitación das actividades que se organizaban dende a biblioteca.

De todas maneiras terán moito traballo que facer e están ilusionados coa súa nova actividade.

Xa comezaron elaborando o video o Día contra a violencia de xénero sobre o libro "O chuvasqueiro de Aurora".

Ahora están a preparar as recomendacións lectoras para o Nadal ademais de organizar unha actividade para o alumnado que ten relación cos libros expurgados.

 


 







6/12/20

OS CHUVASQUEIROS DE COVAS

 O día 25 de novembro con motivo do Día contra a violencia de xénero vimos o video que fixeron os nenos e nenas de 6º  basado no álbum ilustrado "O chuvasqueiro de Aurora". Nos días posteriores traballamos nas aulas sobre dito libro.

Cada neno/a escribeu un pensamento/palabra positiva nunha gota violeta e unha palabra negativa nunha gota negra, tratando de visibilizar unha realidade difícil que vive Aurora, a violencia doméstica.

As gotas colgámolas nos chuvasqueiros de cores e expuxémolos polos corredores do colexio.

Os nenos e nenas de infantil debuxaron á Aurora e o seu chuvasqueiro violeta.

Un chuvasqueiro máxico.  Con el Aurora síntese segura facendo desaparecer todo  o malo que envolve á nai e á nena da súa vida.


13/11/20

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN

      O día 11 de novembro celebramos o Magosto. O alumnado elaborou, con material de refugallo, recipientes para as castañas e trouxo unha presa delas. Asáronnolas na panadería de Covas e  as degustamos  todos no patio.

                 Que boas estaban!😋😋

  Na área de Música prepararon a canción  Vive o Magosto.                  

                        Moito bailamos!

   E como Polo San Martiño, peóns ao camiño na área de Educación Física durante toda a semana xogaron e desfrutaron  de xogos populares: corda, goma,  peón, mariola, boliche ... e dunha exposición de peóns decorados.

Preme na imaxe das castañas para ver o video!


4/11/20

OS NENOS E NENAS DE 4º DE PRIMARIA RECOMENDAN...

 Mortiña é o libro que recomendan os nenos e nenas de 4º de primaria.

E fixérono desta maneira tan simpática.

 Sara disfrazada de Mortiña,  a nena zombi e o seu can (que debuxou Nerea).

 

 

 

Todos participaron nesta iniciativa de dar a coñecer os fondos da nosa biblioteca e fomentar o gusto pola lectura.
 

Preme na imaxe para ver o video



31/10/20

O SAMAÍN E HALLOWEEN NO COLE

 O venres celebramos o Samaín-Halloween. A pesar da pandemia todos necesitábamos pasar un ratiño de diversión e disfrazarnos que é o que máis nos gusta.

Decoramos o cole e o patio e o alumnado e profesorado do cole viñemos disfrazados de bruxos e bruxas.

No patio en grupos burbulla e mantendo as distancias entre grupos queimamos os medos que previamente escribimos nunha cartulina coa silueta dun personaxe de medo (pantasmas, esqueletos, morcegos...).

Despois bailamos cancións en inglés e en galego. 

Foi unha festa TERRORÍFICA!!!

25/10/20

A VISITA DE LOLO O DÍA DA BIBLIOTECA

Lolo, a nosa mascota visitou as clases de Infantil e Primaria para celebrar o Día da Biblioteca. Foi toda unha sorpresa para os nenos e nenas que miraban con asombro á mascota sobre todo os pequeniños de 3 anos.
 Lolo agasallounos cun libro para a Hora da ler e marcapáxinas para cada nen@.
 Levaba unha bonita máscara de lunares cumplindo as normas sanitarias.


 

19/10/20

DÍA DA BIBLIOTECA

Para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro) e durante toda a semana imos visionar os videos que fixemos durante o confinamento lendo, dramatizando, contando... un libro.

 Para comezar o profesorado "booktuber":

Ademais temos unha "visita" moi moi especial para o venres que vai agasallar aos nenos e nenas cun marcapáxinas que podedes descargar, colorear e "tunear" á vosa maneira.
 
 
 


16/10/20

DÍA DAS ESCRITORAS

 

Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. 

V Edición celébrase este ano 2020  o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo." , explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.

Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...

Animamos a toda acomunidade educativa a participar nesta actividade que visbilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras 

 

"Tócanos facer as cousas ás agachadas, que non se note que estamos, porque somos invisbles como o ar. O que non saben, ou non pensan, é que o ar se coa en todos os recantos precisamente poque non se ve. Así facemos nosoutras."

Eva Mejuto "Memoria do silencio" (Editorial Xerais) 

12/10/20

AS MOCHILAS VIAXEIRAS ESTÁN XA NAS CASAS DOS ALUMN@S

 

 

Por fin podemos retomar algunha actividade da biblioteca e as MOCHILAS VIAXEIRAS sairón cara ás vosas casas.


queridas familias20-21.pdf by María Rolle

  Estamos organizando a biblioteca para cumplir o protocolo: señalizacións, retirada de elementos de mobiliario, reorganización das zonas, colocación dos materiais nos andeis, organizando os empréstitos dos libros...

Todo esto leva moito tempo e esperamos poder traballar nela a partir do 

DÍA DA BIBLIOTECA.

Este día estamos organizando unha actividade por grupos que esperamos vos guste.

Lolo está desexando vervos a tod@s e saudarvos despois de tanto tempo.

Estas son as fotos dos nenos e nenas que levaron a mochila esta semana.

 

Xoel de 5º de infantil

 

Marina de 6º de infantil

 

 

Iker de 2º de primaria

 

Gabriel de 3º de primaria



Hugo de 6º de primaria
Hugo de 6º de primaria





Solicitude da mochila viaxeira:


Queridas familias de María Rolle

2/10/20

MORREU QUINO, O CREADOR DE MAFALDA

 O día 30 de setembro morreo o debuxante e humorista gráfico QUINO en Bos Aires (Arxentina).

Quino creou o personaxe de MAFALDA, a nena curiosa e respondona que pensa moito e non soporta a sopa.

 






 


18/9/20

A BIBLIOTECA DE LOLO DAVOS A BENVIDA MÁIS DESEXADA!



 Por fin podemos vernos!

Que gañas tiña Lolo de escoitar as risas dos nenxs, de velos polos corredores do colexio, aínda que sexa coa máscara e gardando as distancias!

Que gañas tiña Lolo de vervos pola biblioteca que estamos a preparar para que podades levar libros para a casa, ler libros no colexio e facer algunha actividade desas que vos gustan tanto!

E como queremos comezar cun sorriso, este é o video que fixemos o primeiro día do cole para decirvos que

 "nada che borre o sorriso da cara".

 




LEMA E CARTEL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 


A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2020/2021. O lema elixido, XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR, quere  poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a co

nstrución da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa. 

Cada libro que o alumnado ten a oportunidade de ler é unha ocasión para ampliar a súa imaxinación e aumentar os seus coñecementos, de aí a impor

tancia da selección de lecturas que se pon ao seu alcance. A ilustradora encargada este ano de interpretar o lema elixido foi Bea Lema, quen nos ofrece unha imaxe evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír.

En tempos confusos como os que estamos a vivir cómpre volver ás orixes, ao fundamental: a lectura e toda a súa potencialidade, sen esquecer outras oportunidades da biblioteca escolar para unha formación integral do alumnado. Atravesar o mapa da lectura pode facerse desde distintas ópticas, comezar a viaxe desde distintos portos:

- Pescudar nas lecturas que convidan a viaxar, a explorar, a investigar. Lecturas que nos permiten chegar lonxe sen movernos da escola (ou da casa). Lecturas que axudan a incentivar o inconformismo, a necesidade de coñecer outros mundos, de ampliar a nosa visión, de "ler o mundo". 

- Configurar o itinerario  lector como punto de partida da nosa xeografía lectora.

- Debuxar o mapa das nosas curiosidades, exploracións e descubrimentos a través das lecturas.  Descubrir as relacións entre identidade e lectura.

- Observar o modo en que cambiou a nosa xeografía lectora durante o período de confinamento (os nosos hábitos, as nosas lecturas...).

- Saber que somos os nosos propios cartógrafos, os que organizamos o noso espazo lector (e o noso "liberespazo", o sistema de lecturas que imos creando ao longo da vida).

- Observar o noso corpo como un mapa de coñecemento, achegarnos á práctica da lectura a través do propio corpo. Descubir a capacidade reparadora da lectura. 

- Deixarse levar polas relacións entre cartografía e literatura,  que convidan á aventura (debuxar espazos peritextuais, con mapas e planos que crean expectativas e acompañan na aventura lectora, debuxar mapas que representan mundos coñecidos e mundos imaxinarios, relacionar as nosas lecturas a través de "constelacións literarias", en función da temática, os personaxes...).

XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR convida a explorar todas as posibilidades da lectura: en calquera soporte, en calquera formato, con calquera finalidade; lecturas textuais e icónicas; imaxes fixas e en movemento; lectura de gráficos, planos, mapas ou infografías; lecturas individuais e lecturas compartidas, en silencio ou en voz alta; lectura de ficción e de información; lectura libre e guiada; lectura que nos axude a comprender mellor o noso mundo e lectura que nos axude a entender o mundo dos outros...

18/6/20

LOLO DESPÍDESE DE TOD@S VÓS CUNHA MENSAXE!





Remata este curso e Lolo quere despedirse de vós ata setembro cunha mensaxe para que leas durante o verán.
 VÉMONOS EN SETEMBRO E LEMBRA QUE TODO VAI SAÍR BEN!

ORLA DO XII EQUIPO DE COLABORADOR@S DA BIBLIOTECA 2019-2020


Esta é a orla do EQUIPO DE COLABORADOR@S DA BIBLIOTECA deste curso.
GRAZAS CHICXS POLA VOSA COLABORACIÓN E IMPLICACIÓN NA BIBLIOTECA!

17/6/20

DÍA DA ARTE GALEGA NA CASA

Este é o video cos traballos dos nenos e nenas do cole sobre Lolo, a nosa mascota da biblio.
Nos traballos expresan os seus desexos para volver ao cole, que pasemos un bo verán e sobre todo... que todo vai saír ben!
 Grazas polos debuxos, esculturas... cheas de imaxinación e creatividade!

16/6/20

XII EQUIPO DE COLABORADOR@S DA BIBLIOTECA NO CURSO 2019-2020



Este video vai adicado ao Equipo de nenos e nenas de 5º e 6º que colaboraron na biblioteca durante este curso tan atípico.
Aínda que a despedida debería ser doutra maneira, este video é unha pequena homenaxe a este Equipo que ven sendo fundamental no funcionamento da biblioteca.


GRAZAS CHIC@S!
 MOITA SORTE AOS NENOS E NENAS DE 6º QUE DEIXAN O COLEXIO PARA EMBARCARSE EN NOVAS AVENTURAS!



8/6/20

DEBUXA O DÍA DA ARTE GALEGA

Estes foron os preciosos debuxos de 5º e 6º de primaria para conmemorar o Día da Arte Galega dende música.
A idea era facer un debuxo inspirándose na música de Edvard Grieg (A mañá).

31/5/20

DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA

O 1 de xuño conmemoramos o Día da Arte Galega na Escola.
Este curso e debido ás circunstancias celebraremos o Día da Arte Galega na Casa.
Propoñemos unha actividade na que imos darnos ánimo:


-DEBUXA A LOLO/ FAI UNHA MAQUETA/UNHA ESCULTURA...LEMBRA, LOLO CON MASCARILLA!



-EMPREGA OS MATERIAIS QUE QUEIRAS, CANTO MÁIS ORIXINAIS MELLOR.
-ESCRIBE UNHA PALABRA EN POSITIVO, PARA DARNOS ÁNIMO, FRASES PARA REMATAR ESTE CURSO ATÍPICO, PALABRAS QUE APRENDIMOS DURANTE ESTE CONFINAMENTO, FRASES PARA COMEZAR DE NOVO...



E con esas frases e palabras a imaxe de Lolo, a nosa mascota que está na biblioteca esperándonos.

16/5/20

DÍA DAS LETRAS GALEGAS:PROGRAMA DENDE O CONFINAMENTO- A VIAXE DO PRINCIPIÑO

Este é un programa moi especial xa que o fixemos algúns profesor@s do colexio a raíz dun Obradoiro de formación de Radio  coa colaboración de Laboratorio de Radio.
Deste obradoiro e dende o confinamento saliu este programa A VIAXE DO PRINCIPIÑO.
Unha viaxe polos diferentes planetas que xurden do confinamento da man de entrevistas a profes e nen@s do colexio.
Escoitade! 
ESTA VIAXE VAI ADICADA AOS NENOS E NENAS DO COLE!

14/5/20

A MICRORREDE DA MARIÑA ESTE ANO QUEDA NA CASA

Como di o título da entrada este ano a Microrrede da Mariña queda na casa.
Por mor da situación que estamos a vivir , tivemos que aplazar para o vindeiro curso o proxecto da Microrrede.

Este curso estabamos traballando no proxecto

"Cidadá(n)s da Mariña, Cidadá(n)s do mundo"

 organizando a actividade para as familias do centro para realizar unha gran exposición conxunta nas salas do concello de Viveiro.
Ademais de preparar as actividades dinamizadoras, visita de autores, colaboración de Asociacións e entidades do concello...

 Non obstante nestes momentos quixemos realizar unha actividade especial:
  • Editar un vídeo onde:
    • as diferentes bibliotecas saúdan a todas as comunidades educativas
    • facemos un repaso das aito edicións anteriores



SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

        A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.

     Este ano o homenaxeado é:

                                                                   

  Ricardo Carvalho Calero


      Se queredes xogar un pouco e de paso coñecer ao persoeiro homenaxeado aquí tedes uns recursos e actividades moi interesantes:

                                               

   O MISTERIO DA CASA DE RICARDO CARVALHO CALERO  (Para os maiores)

         "Escape Room" de Alba  Carril ( CPI de Vedra) e Ana  Sánchez ( CEIP Arquitecto Casas Novoa)

         Seredes capaces de atopar as cifras da clave que abre o maletín coa recompensa final.                                                                                                                                                  SORTE!

https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020


RICARDO CARVALHO CALERO (Para os  pequenos)

Xogo de Alba Carril

                                   Anímaste a resolver os retos?




 SEIMARIO GALÉN:

http://seminariogalan.org/inicio/portada      Podes escoller entre traballos para imprimir ( no libro verde), actividades en liña( libro azul) e un albúm de fotos ( libro vermello)








PRIMAVERA DAS LETRAS

                              A  Real Academia Galega ofrece material lúdico e  didáctico.
                         Actividades interactivas e fichas descargables para xogar e aprender.


http://primaveradasletras.gal/



AS PITAS BAIXO A CHOVIA

                         Conto, música e unidade didáctica da Coordinadora  de Equipas  de Normalización  Lingüística  de Ferrolterra.

http://aspitas.gal/


PREGUNTOIRO MUSICAL  De José Manuel López Cabana.



UNIDADE DIDÁCTICA  DA ASOCIACIÓN GALEGA DA LINGUA

https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20748.pdf


13/5/20

MANUELA RECOMENDA OS CLÁSICOS

Manuela é a coidadora do cole. Ela recomenda ler todo tipo de libros pero que non esquezamos os clásicos.
 

GRAZAS MANUELA!
 A MELLOR RECOMENDACIÓN É QUE LEAMOS PORQUE CADA LECTURA É UNHA AVENTURA!

12/5/20

MARTA RECOMÉNDANOS LER POESÍA

Marta a mestra de Educación Física recoméndanos ler POESÍA. Porque coa poesía podemos: soñar, viaxar, pintar, voar... e moito máis. 
Podedes probar, non sí?



GRAZAS MARTA!

 Le poesía!
 tes que probar 
Porque di Marta 
que che vai gustar!

11/5/20

LETICIA E NOEMÍ RECOMENDAN OS TRES AMIGOS

Elas son LETI, a conserxe do colexio e a súa filla NOEMÍ.
Noemí estudia 4º de primaria no colexio de Galdo e  recomenda o libro OS TRES AMIGOS, porque é divertido e trata da amizade.

 
GRAZAS A LETI E  A NOEMÍ! 

Seguro que leremos o libro!

10/5/20

MARÍA CONTA A HISTORIA DE NADARÍN

María é a mestra de inglés do cole e vaivos contar a historia dun pequeno peixe negro protagonista do libro NADARÍN.

 


GRAZAS MARÍA! 
PRECIOSO LIBRO QUE FALA DA COLABORACIÓN ENTRE TOD@S!

9/5/20

MONSTRO ROSA, LIBRO RECOMENDADO POR DOLO E LEIRE

Dolo é a mestra de 2º de primaria e a nosa directora.
 Está coa súa filla Leire e están a ler o conto MONSTRO ROSA, un bonito libro sobre ser diferentes e que podemos convivir tod@s coas nosas diferenzas. 

 
GRAZAS DOLO E LEIRE! Un libro que apetece ler!

8/5/20

RUTH, IAN E IBAI RECOMENDAN ONDE VIVEN OS MONSTROS

Ruth é a profesora de A.L. e ten dous fillos, Ian que vai en 5º de primaria e Ibai que como vedes é un bebé e xa disfruta coa lectura.

Están lendo o libro ONDE VIVEN OS MONSTROS, e non queren contarnos o final...

... teredes que descubrilo vós. 

 GRAZAS A RUTH, IAN E IBAI POR ESTE CONTO TAN BONITO!

7/5/20

LUISA LE POESÍA

Luisa, a mestra de 5º de infantil recita esta bonita poesía de Gloria Fuertes titulada DOÑA PITO PITURRA. 

Se queredes aprendela... estade moi atent@s. 


GRAZAS LUISA! A POESÍA É UNHA BOÍSIMA MANEIRA PARA COMEZAR A LER!

6/5/20

LEYLA E SOFÍA CONTAN ADIVIÑA CANTO TE QUERO

Leyla é a mestra de P.T. que lle le á súa filla Sofía de 1º de primaria o conto ADIVIÑA CANTO TE QUERO.
Un libro moi moi tierno, ideal para ler na cama con mamá.

 
GRAZAS A LEYLA E SOFÍA! E AGORA... A DURMIR!

5/5/20

RAQUEL, ALDARA E LOLA ESCENIFICAN A VACA QUE PUXO UN OVO

Raquel, a profe de infantil e as súas fillas Aldara e Lola escenifican o libro A VACA QUE PUXO UN OVO.
 
 Unha marabillosa posta en escena cun personaxe moi moi especial.


GRAZAS CHICAS! O VOSO É PURO TEATRO!

4/5/20

BASI E LOLA LEN OS TRES BANDIDOS

O profe Basi da clase aos nenos e nenas de 5 anos.
 Hoxe vainos ler o libro OS TRES BANDIDOS. 
 Pero parece que ten unha compañía moi especial.
 A súa cadela Lola está moi atenta á  lectura... ou estará durmida? 

 
GRAZAS BASI E LOLA!

3/5/20

MARIÑA RECOMENDA QUEN VEN ESTA NOITE?

Mariña é a mestra de 1º de Educación Primaria.
 Gústalle ler cos seus nenos e nenas na clase e recomenda o libro QUEN VEN ESTA NOITE?

E adiviñades quen é o protagonista?



GRAZAS MARIÑA! MOI BOA RECOMENDACIÓN!

2/5/20

A CRUZ GÚSTALLE O PAPORRUBIO QUE SE FOI

Cruz, a mestra de relixión recomenda este libro para os nenos e nenas maiores.

 Conta as vivencias da autora na aldea e Cruz lenos un anaquiño do libro. 





GRAZAS CRUZ POR ESTA RECOMENDACIÓN!

1/5/20

ROSANA RECOMENDA A CEBRA CAMILA

Rosana, a mestra de 3º recoméndanos o libro 
A CEBRA CAMILA.
 Que lle pasa a Camila coas raias?
 Quérelo saber? Faille caso a Rosana e le este libro.


 GRAZAS ROSANA!

30/4/20

LOLI QUERE COÑECER A QUE SABE A LÚA

Loli, a mestra de infantil vaivos ler A que sabe a lúa?
Este conto de animais con moita curiosidade.
 Queredes saber a que sabe a lúa?


 
GRAZAS LOLI! ENCANTOUNOS!

29/4/20

O COELLIÑO BRANCO POR SOCORRO, ICÍA E LEDA

Este marabilloso libro é o elexido pola mestra Socorro e as súas fillas Icía e Leda. Para Icía é divertido e a Leda gústalle o personaxe da formiga (a cabra Cabresa dalle un pouco de medo).

Sen dúbida unha boa elección!

 GRAZAS CHICAS!
TOMAREMOS NOTA!

28/4/20

OS/AS PROFES TAMÉN SOMOS BOOKTUBERS!

Os mestr@s e personal non docente do cole tamén queremos ser booktubers!
Queremos recomendarvos algúns dos nosos libros favoritos.
Outros preferimos ler o libro como pasa con Tania, a orientadora do centro, que nos le o marabilloso conto ORELLAS DE BOLBORETA acompañada pola súa familia.
Recoñecedes a voz da nena?

Mi video from Tania Gonzalez Lage on Vimeo.

Que bonito, non si?
Seguro que vos encantou!

GRAZAS A TANIA E A SÚA FAMILIA POR ESTE CONTO TAN BONITO



27/4/20

MARTIN, UN BOOKTUBER DE 4º DE INFANTIL

Martín é un neno de 4º de infantil que nos recomenda A CEBRA CAMILA.
Unha boa suxerencia!
GRAZAS Martín!


25/4/20

A ROI GÚSTALLE O LIBRO LA SOPA QUEMA

Roi, 5º EI

A Roi de 5º de infantil gústalle o libro LA SOPA QUEMA, e non só nos conta o libro senón que axudado pola súa nai nos explica como se prepara unha deliciosa sopa.
Roi xa é un experto booktuber!

Como di ao final... LER MOLA!

GRAZAS ROI! Vou preparar esa sopa agora mesmo!

XAVI RECOMENDA UNHA MOREA DE LIBROS

xavi-5 anos from MisisRoller on Vimeo.

xavi-5 anos

Xavi ten 5 anos e gústanlle unha morea de libros: de emocións, de Asterix, de animais... e tamén os puzzles.

GRAZAS XAVI! Tomaremos nota das túas recomendacións.

24/4/20

OS LIBROS QUE MÁIS LLES GUSTAN A DANIEL E MARTIÑO

Daniel e Martiño son dous irmáns que van en 4º de infantil.
Mándanos unha foto cos seus libros favoritos.


 MARTIÑO elixiu  LOS TRES CERDITOS e LOS ANIMALES.


A DANIEL gústalle O PAPÓN.

GRAZAS CHICOS POR ESTAS ESTUPENDAS RECOMENDACIÓNS!

LUCAS ESTÁ LENDO...

Lucas vai en 4º de primaria e está a ler o libro WIGETTA sobre fantásticas historias interactivas baseadas nos videoxogos.

GRAZAS LUCAS POLA TÚA RECOMENDACIÓN!

23/4/20

SABELA PRESENTA O LIBRO KITTY

Sabela é unha nena de 2º de primaria que nos fala do seu libro favorito titulado KITTY.

 Unha historia moi "gatuna".

 GRAZAS SABELA! 

Estou seguro de que aos teus compañeir@s vailles encantar o libro!


Sabela de 2º

HUGO DE 2º LE O LIBRO PINOCHO


Este neno é Hugo e estudia 2º de primaria. Hoxe, no día do libro quere ler para todos os nenos e nenas do cole o libro PINOCHO.

Non hai mellor maneira de celebrar este día tan especial!

GRAZAS HUGO!

MES DOS LIBROS - DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL- DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Este mes de abril coñecese tamén como o 
MES DOS LIBROS porque durante este tempo celebramos o
e o


(23 de abril).

Video-homenaxe aos nenos/nenas do cole de parte de Lolo.




 QUEREDES INVESTIGAR UN POUCO?
LOLO ten dúas preguntas para vós.

 1-Por que se conmemora o DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL o día 2 de abril?

2-Por que celebramos o DIA MUNDIAL DO LIBRO E DEREITOS DE AUTOR o día 23 de abril?

Tan so tedes que ir aos enlaces que hai enriba do video.




22/4/20

DÍA DA TERRA

Hoxe día 22 de abril conmemoramos o DÍA DA TERRA (EARTH DAY) ou DÍA DA MADRE TERRA.
 Bótalle unha ollada a estos enlaces e faite a pregunta... como podo axudar eu ?




dia da terra

bandeira do dia da terra

Algúns libros sobre a natureza: