29/12/20
CEIP DE CERVO (CENTRO LIA2)
A biblioteca do CEIP de Cervo forma parte do Plan de mellora de bibliotecas escolares desde 2007, cunha actividade sempre moi importante, aberta a colaboracións e compromisos co entorno a través de proxectos propios e de proxectos compartidos coa "micro-rede da Mariña", un dos grupos de colaboración de bibliotecas escolares máis activos de toda a Rede de bibliotecas escolares de Galicia. Co paso dos anos a comunidade educativa do CEIP de Cervo foi construíndo unha cultura pedagóxica ben enraízada no seu medio e aberta tamén ao mundo, participando, desde o facer da biblioteca, en programas de colaboración europeos. A través de distintas voces desta comunidade de aprendizaxe que pouco a pouco vai construíndose no CEIP de Cervo, arredor da súa biblioteca, podemos coñecer un dos proxectos educativos de maior interese nisto que chamamos as #bescolaresgal:
NORABOA á Comunidade Educativa do CEIP DE CERVO polo traballo feito na súa biblioteca escolar!20/12/20
10/12/20
EQUIPO DE COLABORADOR@S DA BIBLIOTECA NO CURSO 2020-2021
Xa temos o novo Equipo de Colaborador@s da biblioteca.
E xa van 13!!!!!Está formado por 19 nenos e nenas de 6º de Primaria. Estiveron recibindo formación durante os recreos sobre organización e funcionamento da biblioteca.
Este curso as tarefas asignadas son máis reducidas que nos anos anteriores debido á limitación das actividades que se organizaban dende a biblioteca.
De todas maneiras terán moito traballo que facer e están ilusionados coa súa nova actividade.
Xa comezaron elaborando o video o Día contra a violencia de xénero sobre o libro "O chuvasqueiro de Aurora".
Ahora están a preparar as recomendacións lectoras para o Nadal ademais de organizar unha actividade para o alumnado que ten relación cos libros expurgados.
6/12/20
OS CHUVASQUEIROS DE COVAS
O día 25 de novembro con motivo do Día contra a violencia de xénero vimos o video que fixeron os nenos e nenas de 6º basado no álbum ilustrado "O chuvasqueiro de Aurora". Nos días posteriores traballamos nas aulas sobre dito libro.
Cada neno/a escribeu un pensamento/palabra positiva nunha gota violeta e unha palabra negativa nunha gota negra, tratando de visibilizar unha realidade difícil que vive Aurora, a violencia doméstica.
As gotas colgámolas nos chuvasqueiros de cores e expuxémolos polos corredores do colexio.
Os nenos e nenas de infantil debuxaron á Aurora e o seu chuvasqueiro violeta.
Un chuvasqueiro máxico. Con el Aurora síntese segura facendo desaparecer todo o malo que envolve á nai e á nena da súa vida.
4/12/20
24/11/20
13/11/20
MAGOSTO E DÍA DO PEÓN
O día 11 de novembro celebramos o Magosto. O alumnado elaborou, con material de refugallo, recipientes para as castañas e trouxo unha presa delas. Asáronnolas na panadería de Covas e as degustamos todos no patio.
Que boas estaban!😋😋
Na área de Música prepararon a canción Vive o Magosto.
Moito bailamos!
E como Polo San Martiño, peóns ao camiño na área de Educación Física durante toda a semana xogaron e desfrutaron de xogos populares: corda, goma, peón, mariola, boliche ... e dunha exposición de peóns decorados.
9/11/20
4/11/20
OS NENOS E NENAS DE 4º DE PRIMARIA RECOMENDAN...
Mortiña é o libro que recomendan os nenos e nenas de 4º de primaria.
E fixérono desta maneira tan simpática.
Sara disfrazada de Mortiña, a nena zombi e o seu can (que debuxou Nerea).
31/10/20
O SAMAÍN E HALLOWEEN NO COLE
O venres celebramos o Samaín-Halloween. A pesar da pandemia todos necesitábamos pasar un ratiño de diversión e disfrazarnos que é o que máis nos gusta.
Decoramos o cole e o patio e o alumnado e profesorado do cole viñemos disfrazados de bruxos e bruxas.
No patio en grupos burbulla e mantendo as distancias entre grupos queimamos os medos que previamente escribimos nunha cartulina coa silueta dun personaxe de medo (pantasmas, esqueletos, morcegos...).
Despois bailamos cancións en inglés e en galego.
Foi unha festa TERRORÍFICA!!!
25/10/20
A VISITA DE LOLO O DÍA DA BIBLIOTECA
19/10/20
DÍA DA BIBLIOTECA
Para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro) e durante toda a semana imos visionar os videos que fixemos durante o confinamento lendo, dramatizando, contando... un libro.
Para comezar o profesorado "booktuber":
16/10/20
DÍA DAS ESCRITORAS
O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro.
A V Edición celébrase este ano 2020 o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo." , explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.
Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...
Animamos a toda acomunidade educativa a participar nesta actividade que visbilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras
"Tócanos facer as cousas ás agachadas, que non se note que estamos, porque somos invisbles como o ar. O que non saben, ou non pensan, é que o ar se coa en todos os recantos precisamente poque non se ve. Así facemos nosoutras."
Eva Mejuto "Memoria do silencio" (Editorial Xerais)
12/10/20
AS MOCHILAS VIAXEIRAS ESTÁN XA NAS CASAS DOS ALUMN@S
Por fin podemos retomar algunha actividade da biblioteca e as MOCHILAS VIAXEIRAS sairón cara ás vosas casas.
queridas familias20-21.pdf by María Rolle
Estamos organizando a biblioteca para cumplir o protocolo: señalizacións, retirada de elementos de mobiliario, reorganización das zonas, colocación dos materiais nos andeis, organizando os empréstitos dos libros...
Todo esto leva moito tempo e esperamos poder traballar nela a partir do
DÍA DA BIBLIOTECA.
Este día estamos organizando unha actividade por grupos que esperamos vos guste.
Lolo está desexando vervos a tod@s e saudarvos despois de tanto tempo.
Estas son as fotos dos nenos e nenas que levaron a mochila esta semana.
Xoel de 5º de infantil |
Marina de 6º de infantil |
Iker de 2º de primaria |
Gabriel de 3º de primaria |
Hugo de 6º de primaria |
Solicitude da mochila viaxeira:
2/10/20
MORREU QUINO, O CREADOR DE MAFALDA
O día 30 de setembro morreo o debuxante e humorista gráfico QUINO en Bos Aires (Arxentina).
Quino creou o personaxe de MAFALDA, a nena curiosa e respondona que pensa moito e non soporta a sopa.
18/9/20
A BIBLIOTECA DE LOLO DAVOS A BENVIDA MÁIS DESEXADA!
Por fin podemos vernos!
Que gañas tiña Lolo de escoitar as risas dos nenxs, de velos polos corredores do colexio, aínda que sexa coa máscara e gardando as distancias!
Que gañas tiña Lolo de vervos pola biblioteca que estamos a preparar para que podades levar libros para a casa, ler libros no colexio e facer algunha actividade desas que vos gustan tanto!
E como queremos comezar cun sorriso, este é o video que fixemos o primeiro día do cole para decirvos que
"nada che borre o sorriso da cara".
LEMA E CARTEL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o
cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso
2020/2021. O lema elixido, XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a co
nstrución da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa.
Cada libro que o alumnado ten a oportunidade de ler é unha ocasión para ampliar a súa imaxinación e aumentar os seus coñecementos, de aí a impor
tancia da selección de lecturas que se pon ao seu alcance. A ilustradora encargada este ano de interpretar o lema elixido foi Bea Lema, quen nos ofrece unha imaxe evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír.
En tempos confusos como os que estamos a vivir cómpre volver ás orixes, ao fundamental: a lectura e toda a súa potencialidade, sen esquecer outras oportunidades da biblioteca escolar para unha formación integral do alumnado. Atravesar o mapa da lectura pode facerse desde distintas ópticas, comezar a viaxe desde distintos portos:
- Pescudar nas lecturas que convidan a viaxar, a explorar, a investigar. Lecturas que nos permiten chegar lonxe sen movernos da escola (ou da casa). Lecturas que axudan a incentivar o inconformismo, a necesidade de coñecer outros mundos, de ampliar a nosa visión, de "ler o mundo".
- Configurar o itinerario lector como punto de partida da nosa xeografía lectora.
- Debuxar o mapa das nosas curiosidades, exploracións e descubrimentos a través das lecturas. Descubrir as relacións entre identidade e lectura.
- Observar o modo en que cambiou a nosa xeografía lectora durante o período de confinamento (os nosos hábitos, as nosas lecturas...).
- Saber que somos os nosos propios cartógrafos, os que organizamos o noso espazo lector (e o noso "liberespazo", o sistema de lecturas que imos creando ao longo da vida).
- Observar o noso corpo como un mapa de coñecemento, achegarnos á práctica da lectura a través do propio corpo. Descubir a capacidade reparadora da lectura.
- Deixarse levar polas relacións entre cartografía e literatura, que convidan á aventura (debuxar espazos peritextuais, con mapas e planos que crean expectativas e acompañan na aventura lectora, debuxar mapas que representan mundos coñecidos e mundos imaxinarios, relacionar as nosas lecturas a través de "constelacións literarias", en función da temática, os personaxes...).
XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR convida a explorar todas as posibilidades da lectura: en calquera soporte, en calquera formato, con calquera finalidade; lecturas textuais e icónicas; imaxes fixas e en movemento; lectura de gráficos, planos, mapas ou infografías; lecturas individuais e lecturas compartidas, en silencio ou en voz alta; lectura de ficción e de información; lectura libre e guiada; lectura que nos axude a comprender mellor o noso mundo e lectura que nos axude a entender o mundo dos outros...
18/6/20
LOLO DESPÍDESE DE TOD@S VÓS CUNHA MENSAXE!
Remata este curso e Lolo quere despedirse de vós ata setembro cunha mensaxe para que leas durante o verán.
ORLA DO XII EQUIPO DE COLABORADOR@S DA BIBLIOTECA 2019-2020
Esta é a orla do EQUIPO DE COLABORADOR@S DA BIBLIOTECA deste curso.
17/6/20
DÍA DA ARTE GALEGA NA CASA
Nos traballos expresan os seus desexos para volver ao cole, que pasemos un bo verán e sobre todo... que todo vai saír ben!
Grazas polos debuxos, esculturas... cheas de imaxinación e creatividade!
16/6/20
XII EQUIPO DE COLABORADOR@S DA BIBLIOTECA NO CURSO 2019-2020
Este video vai adicado ao Equipo de nenos e nenas de 5º e 6º que colaboraron na biblioteca durante este curso tan atípico.
Aínda que a despedida debería ser doutra maneira, este video é unha pequena homenaxe a este Equipo que ven sendo fundamental no funcionamento da biblioteca.
11/6/20
8/6/20
DEBUXA O DÍA DA ARTE GALEGA
A idea era facer un debuxo inspirándose na música de Edvard Grieg (A mañá).
31/5/20
DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA
E con esas frases e palabras a imaxe de Lolo, a nosa mascota que está na biblioteca esperándonos.
19/5/20
16/5/20
DÍA DAS LETRAS GALEGAS:PROGRAMA DENDE O CONFINAMENTO- A VIAXE DO PRINCIPIÑO
ESTA VIAXE VAI ADICADA AOS NENOS E NENAS DO COLE!
14/5/20
A MICRORREDE DA MARIÑA ESTE ANO QUEDA NA CASA
- Editar un vídeo onde:
- as diferentes bibliotecas saúdan a todas as comunidades educativas
- facemos un repaso das aito edicións anteriores
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Ricardo Carvalho Calero
Se queredes xogar un pouco e de paso coñecer ao persoeiro homenaxeado aquí tedes uns recursos e actividades moi interesantes:
O MISTERIO DA CASA DE RICARDO CARVALHO CALERO (Para os maiores)
"Escape Room" de Alba Carril ( CPI de Vedra) e Ana Sánchez ( CEIP Arquitecto Casas Novoa)
Seredes capaces de atopar as cifras da clave que abre o maletín coa recompensa final. SORTE!
RICARDO CARVALHO CALERO (Para os pequenos)
Xogo de Alba Carril
Anímaste a resolver os retos?
SEIMARIO GALÉN:
Podes escoller entre traballos para imprimir ( no libro verde), actividades en liña( libro azul) e un albúm de fotos ( libro vermello)
PRIMAVERA DAS LETRAS
A Real Academia Galega ofrece material lúdico e didáctico.
AS PITAS BAIXO A CHOVIA
Conto, música e unidade didáctica da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.
PREGUNTOIRO MUSICAL De José Manuel López Cabana.
UNIDADE DIDÁCTICA DA ASOCIACIÓN GALEGA DA LINGUA
13/5/20
MANUELA RECOMENDA OS CLÁSICOS
12/5/20
MARTA RECOMÉNDANOS LER POESÍA
Podedes probar, non sí?
11/5/20
LETICIA E NOEMÍ RECOMENDAN OS TRES AMIGOS
10/5/20
MARÍA CONTA A HISTORIA DE NADARÍN
9/5/20
MONSTRO ROSA, LIBRO RECOMENDADO POR DOLO E LEIRE
GRAZAS DOLO E LEIRE! Un libro que apetece ler!
8/5/20
RUTH, IAN E IBAI RECOMENDAN ONDE VIVEN OS MONSTROS
... teredes que descubrilo vós.
GRAZAS A RUTH, IAN E IBAI POR ESTE CONTO TAN BONITO!
7/5/20
LUISA LE POESÍA
Se queredes aprendela... estade moi atent@s.
GRAZAS LUISA! A POESÍA É UNHA BOÍSIMA MANEIRA PARA COMEZAR A LER!
6/5/20
LEYLA E SOFÍA CONTAN ADIVIÑA CANTO TE QUERO
Un libro moi moi tierno, ideal para ler na cama con mamá.
5/5/20
RAQUEL, ALDARA E LOLA ESCENIFICAN A VACA QUE PUXO UN OVO
Unha marabillosa posta en escena cun personaxe moi moi especial.
4/5/20
BASI E LOLA LEN OS TRES BANDIDOS
GRAZAS BASI E LOLA!
3/5/20
MARIÑA RECOMENDA QUEN VEN ESTA NOITE?
Gústalle ler cos seus nenos e nenas na clase e recomenda o libro QUEN VEN ESTA NOITE?
E adiviñades quen é o protagonista?
2/5/20
A CRUZ GÚSTALLE O PAPORRUBIO QUE SE FOI
Conta as vivencias da autora na aldea e Cruz lenos un anaquiño do libro.
GRAZAS CRUZ POR ESTA RECOMENDACIÓN!
1/5/20
ROSANA RECOMENDA A CEBRA CAMILA
A CEBRA CAMILA.
Que lle pasa a Camila coas raias?
Quérelo saber? Faille caso a Rosana e le este libro.
30/4/20
LOLI QUERE COÑECER A QUE SABE A LÚA
Este conto de animais con moita curiosidade.
Queredes saber a que sabe a lúa?
GRAZAS LOLI! ENCANTOUNOS!
29/4/20
O COELLIÑO BRANCO POR SOCORRO, ICÍA E LEDA
Sen dúbida unha boa elección!
GRAZAS CHICAS!
TOMAREMOS NOTA!
28/4/20
OS/AS PROFES TAMÉN SOMOS BOOKTUBERS!
Mi video from Tania Gonzalez Lage on Vimeo.
Que bonito, non si?
Seguro que vos encantou!
GRAZAS A TANIA E A SÚA FAMILIA POR ESTE CONTO TAN BONITO
27/4/20
MARTIN, UN BOOKTUBER DE 4º DE INFANTIL
Unha boa suxerencia!
25/4/20
A ROI GÚSTALLE O LIBRO LA SOPA QUEMA
A Roi de 5º de infantil gústalle o libro LA SOPA QUEMA, e non só nos conta o libro senón que axudado pola súa nai nos explica como se prepara unha deliciosa sopa.
Roi xa é un experto booktuber!
Como di ao final... LER MOLA!
GRAZAS ROI! Vou preparar esa sopa agora mesmo!
XAVI RECOMENDA UNHA MOREA DE LIBROS
xavi-5 anos from MisisRoller on Vimeo.
xavi-5 anosXavi ten 5 anos e gústanlle unha morea de libros: de emocións, de Asterix, de animais... e tamén os puzzles.
GRAZAS XAVI! Tomaremos nota das túas recomendacións.
24/4/20
OS LIBROS QUE MÁIS LLES GUSTAN A DANIEL E MARTIÑO
Mándanos unha foto cos seus libros favoritos.
GRAZAS CHICOS POR ESTAS ESTUPENDAS RECOMENDACIÓNS!
LUCAS ESTÁ LENDO...
GRAZAS LUCAS POLA TÚA RECOMENDACIÓN!
23/4/20
SABELA PRESENTA O LIBRO KITTY
Unha historia moi "gatuna".
GRAZAS SABELA!
Estou seguro de que aos teus compañeir@s vailles encantar o libro!
Sabela de 2º
HUGO DE 2º LE O LIBRO PINOCHO
Este neno é Hugo e estudia 2º de primaria. Hoxe, no día do libro quere ler para todos os nenos e nenas do cole o libro PINOCHO.
Non hai mellor maneira de celebrar este día tan especial!
MES DOS LIBROS - DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL- DÍA MUNDIAL DO LIBRO
QUEREDES INVESTIGAR UN POUCO?
LOLO ten dúas preguntas para vós.
1-Por que se conmemora o DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL o día 2 de abril?
2-Por que celebramos o DIA MUNDIAL DO LIBRO E DEREITOS DE AUTOR o día 23 de abril?
Tan so tedes que ir aos enlaces que hai enriba do video.
22/4/20
DÍA DA TERRA
Bótalle unha ollada a estos enlaces e faite a pregunta... como podo axudar eu ?
dia da terra |
bandeira do dia da terra |