COVID-19

22/2/22

Obradoiro de disfraces Covasmola

Achégase a data!!!!!!

Estamos rematando os nosos disfraces para a gran festa que imos celebrar este venres. E que estamos a facer?

Pois seguindo os mandados da nosa PDI "Covasmola", estamos elaborando os nosos disfraces a partir de roupa usada que trouxemos da casa. Concienciamos ao  alumnado que que a industria textil é unha das máis contaminantes do planeta. Así que creamos a nosa propia "Moda Covasmola" desmontando, montando, cosendo, ..., en resumo, reutilizando roupa dándolle ás á nosa creatividade.

A experiencia está sendo fantástica!!!!!

O venres veredes o resultado na nosa "Pasarela Covasmola"

Este ano tamén entonaremos a nosa alpuxarrada elaborada para a ocasión ❤❤❤❤

Adiantámosvos un pouquiño....














       



  

No hay comentarios:

Publicar un comentario