COVID-19

19/4/22

MERCADO DE PRIMAVERA

 

Por fin chegou o día... Rematamos o trimestre celebrandos o Mercado de Primavera 



Nesta ocasión, como ben avanzábamos onte, tivesmos moitos máis días de rexistro para gañar Covasmola que, como xa sabedes, ademáis do nome da nosa PDI é o nome da nosa moeda. Tivemos dúas táboas de rexistro, unha para a etapa da educación infantil e outra para primaria, desde 7 de marzo ata o 7 de maio. 

De novo medimos os tres parámetros nos que se sustenta a PDI Covasmola: 

  • alimentación saudable
  • sustentabilidade
  • mobilidade
recollendo nas gráficas as merendas saudables seguindo o calendario, o emprego de recipiente reutilizables e a mobilidade nos desprazamentos ata o centro.







O Mercado de Primavera está dividido en dúas partes:
  1. Na primeira mercamos todo o preciso para elaborar unha merenda saudable.
  2. Na segunda temos cousiñas feitas por nós ou identificativas do centro onde gastar os Covasmola.
Merenda Saudable















Mercado de Primavera
 










Disfrutamos un montón esta actividade

VIVAN OS MERCADOS COVASMOLA!!!!!!!!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario