COVID-19

31/10/23

Radiocovas Literatura no Outono

Os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria fixeron un programa sobre literatura de tradición oral traballada no contexto lingüístico. A temática escollida foi o Outono. Non deixedes de escoitalos e de seguir o blogue da nosa radio.

Preme para ir ao programa...




A Radiocovas en outono

O alumnado de 5º de Educación primaria elaborou un programa con ditos adiviñas, refráns e proverbios do outono logo de investigar no contexto linguístico.

PREME NA IMAXE E ESCOITA ...




27/10/23

Cuquitas pola diversidade

As Cuquitas son, en Cuba, as bonecas de papel coas que se xogaba na infancia (mariquitas).

A idea xeral é sensibilizar ao alumnado, a través do xogo, de que a diversidade cultural é sinónimo de respectar as diferentes identidades culturais e entendelas como unha grande oportunidade de aprendizaxe. a importancia de non esquencer as nosas raíces è determinante para vivir unha sociedade inclusiva.



















25/10/23

Infantil pola diversidade

Esta semana en atención educativa de 5 °de Infantil visionamos o conto "El color de mi piel", para traballar a diversidade é  reflexionar sobre a pintura cor carne entendendo k a cor é sempre diferente e k varía según a persoa.





24/10/23

Día das Bibliotecas: Recanto das Familias

Hoxe é o Día das Bibliotecas e para conmemorr esta data tan importante inauguramos un novo recanto da Bibliocovas : O Recanto das Familias.

O pasado curso o noso alumnado fixo un programa da TELE COVASMOLA no que realizou enquisa ás familias, mestres e nen@s e buscou unha localización para este novo espazo. Xa sabedes que este é o noso terceiro curso dentro do programa "Lectura e Familias" e para a Bibliocovas a participación das familias é fundamental. Pois xa é unha realidade o voso/noso recanto!!!!!

O Recanto das Familias localízase no Hall do cole ao lado da secretaría.

Este recanto reúne diferentes materiais:

  • Libros sobre temas educativos e infancia.
  • Libros para ler en familia.
  • Dúas mochilas creativas con material específico para produccións artísticas.
  • Xogos familiares de lóxica, agudeza visual, memoria, ..., seguindo os mandados no presente PDI "Covasmola 3.0".
As familias poderán levar para as súas casas emprestado este material!!!!

Só tedes que escollelo e apuntarvos!!!!!

Aos 15 días traerédelo de novo ao centro ou poderedes renovar o empréstito igual que facemos cós libros na Bibliocovas.

Que obxectivo ten este Recanto? Desde a Bibliocovas queremos achegar ás familias aquelas lecturas polas que nos amosaron interese (educación, diversidade, alimentación, descanso, ...) do mesmo xeito que proporcionar tanto lecturas como xogos e material creativo para propiciar actividades nas que a familia poda COMPARTIR.

ESTAMOS EMOCIONAD@S COA APERTURA DESTE NOVO ESPAZO!!!!!

AGARDÁMOSVOS CON ILUSIÓN!!!!






















23/10/23

MOCHILA VIAXEIRA DE 3 ANOS

A Mochila viaxeira dos nenos e nenas de tres anos xa viaxa polas casas. 

Lecturas para compartir cos mais pequerrech@s e pasar un rato en familia.



16/10/23

Pequeno azul e pequeno amarelo!!!!

Como cada venres, os nenos e nenas de tres aniños  visitaron a biblioteca da escola. Nesta ocasión escoitaron un conto que ten por título "Pequeno azul e pequeno amarelo" da editorial Kalandraka. Unha historia que lles descubriu como facer a cor verde. 

Na biblio creativa, coa mesa de luz, papel celofán azul e amarelo e as témperas puxeron en práctica o conto.

Encantoulles o descubrimento!!!!!

Na visita tamén tiveron tempo para seguir explorando libremente algún recanto da biblioteca 😍😍😍😍😍😍











10/10/23

Voltaron os de 3 aniños!!!!

Aos nenos e nenas de 3 anos encantoulles a Bibliocovas así que non tardaron moito el voltar!!!!

Lolo seguiu amosándolle a sua casa e os seu libros para que poidan atopar as súas lecturas favoritas. Nesta ocasión agasallounos cunha foto súa para que a colorearan.

Por certo, volverán todas as semanas!!!!!