Hoxe é o Día das Bibliotecas e para conmemorr esta data tan importante inauguramos un novo recanto da Bibliocovas : O Recanto das Familias.
O pasado curso o noso alumnado fixo un programa da TELE COVASMOLA no que realizou enquisa ás familias, mestres e nen@s e buscou unha localización para este novo espazo. Xa sabedes que este é o noso terceiro curso dentro do programa "Lectura e Familias" e para a Bibliocovas a participación das familias é fundamental. Pois xa é unha realidade o voso/noso recanto!!!!!
O Recanto das Familias localízase no Hall do cole ao lado da secretaría.
Este recanto reúne diferentes materiais:
- Libros sobre temas educativos e infancia.
- Libros para ler en familia.
- Dúas mochilas creativas con material específico para produccións artísticas.
- Xogos familiares de lóxica, agudeza visual, memoria, ..., seguindo os mandados no presente PDI "Covasmola 3.0".
Só tedes que escollelo e apuntarvos!!!!!
Aos 15 días traerédelo de novo ao centro ou poderedes renovar o empréstito igual que facemos cós libros na Bibliocovas.
Que obxectivo ten este Recanto? Desde a Bibliocovas queremos achegar ás familias aquelas lecturas polas que nos amosaron interese (educación, diversidade, alimentación, descanso, ...) do mesmo xeito que proporcionar tanto lecturas como xogos e material creativo para propiciar actividades nas que a familia poda COMPARTIR.
ESTAMOS EMOCIONAD@S COA APERTURA DESTE NOVO ESPAZO!!!!!
AGARDÁMOSVOS CON ILUSIÓN!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario