COVID-19

2/11/23

Samaín 2023

Chegou o Samaín ao cole de Covas!!!!

Desde a Bibliocovas expuxemos nos andeis dos corredores lecturas relacionadas con esta temática para que o alumnado o puidera empregar na Hora de Ler. Estas lecturas estiveron dispoñibles durante todo o mes de novembro e o alumnado empregounas un montón.





Desde o contexto lingüístico tivemos tamén a oportunidade de facer "Conxuros". Para a ocasión disfrazámonos de bruxas e bruxos e recitamos os encantamentos e meigallos compostos polos nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria.



Para o día 31, o día da festa, o tema elixido foi o A escola zombie. Así que o alumnado, o profesorado e o persoal non docente, seguindo os dictames do noso Covasmola 3.0, elaboramos os nosos disfraces reutilizando roupa vella para a ocasión.


Houbo unha gymkana zombie, o xogo é a parte central da nosa PDI


e uns bailes terroríficos onde a inclusividade, tan presente na nosa Bibliocovas, tivo un papel protagonista a través da lingua de signos,

Por último sinalar que as familias tamén participaron da celebración contribuíndo a decorar o cole cunhas manualidades de medo!!!!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario