O contexto humanístico e o contexto científico estiveron traballando esta
festividade con propostas moi interesantes
O noso alumnado de 3º e 4º creou unha
brúxula que lles permitiu orientarse polo colexio puidendo observar como sempre
marcaba o norte magnético.
Primeiro cortaron o corcho nunha lámina duns 12 milímetros de grosor, despois frotaron a punta dunha agulla cun imán sempre no mesmo sentido unhas 50 ou 60 veces para que a agulla se imantase. A continuación, pegaron a agulla con cinta adhesiva ao trozo de corcho. Encheron o recipiente de auga e depositaron o corcho coa agulla para que flotase. Puideron ver como a auga xiraba ata apuntar ao norte magnético da Terra.
No contexto científico intentamos coñecer de primeira man o importante que son
as ciencias, a súa utilidade, e o divertidas que poden chegar a ser. E agora
máis que nunca achegala ás nenas, xa que aínda existe a creenza de que as
ciencias son máis para homes que para mulleres... Nestas fotografías podemos ver
as ganas de aprender, de experimentar, investigar... que teñen todos os nenos e
nenas dende pequenos. Que non hai que esconderse detrais de estereotipos sexistas.
O que están a facer é unha disección dun fígado de polo para comparalo co dun
humano. Mentres tanto os outros grupos fan unha presentación e exposición sobre
un sistema do corpo humano, e un cuarto que se convirten en doutores e doutoras
por un día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario