COVID-19

29/10/24

O Samaín no contexto lingüístico

Adentrámonos na semana máis terrorífica do ano e no contexto lingüístico tivémolo moi en conta.

No primeiro ciclo tiveron "Unha extraña visita" e á Bruxa Brunilda como convidada de honra. Encheron un tarro de medos e crearon os seus propios monstros.









Tamén tiveron momento para os xogos de mesa sobre a festividade: Lince, Memory, Quen é quen e Tabú.






No segundo ciclo traballaron a lectura de "O noso Samaín" a través dunha lectura feita por antigos alumnos e alumnas do cole.
Preme na imaxe para escoitalo....



Tamén crearon unha tripulación terrorífica para un barco pantasma que acaba de chegar á praia de Covas e traballaron as criaturas fantásticas das lendas galegas.









No hay comentarios:

Publicar un comentario