Aos recantos de infantil chegou un tren. Con el traballouse a asociación número- cor-cantidade e iniciáronse na programación.
Tiñan que coller tantos bloques como número e cor indicaba o dado que tiraban. Ademáis, tiñan que colocar a peza axeitada para que o tren parase no lugar correspondente.
Coas formas e discos traslúcidos, deseñaron pezas do seu gusto (casas, peixes, formas xeométricas partindo de outras máis pequenas…).
Coa caixa de luz traballaron o teatro de sombras. Crearon unha historia establecendo diálogos entre os personaxes.
Por último, cos robots, traballaron o panel do inverno. Obxectivo era vestir a dous bonecos. Para acadalo, tiñan que moverse polo panel ata chegar a unha prenda de roupa típica do inverno. Ao chegar a ela dicían o seu nome, collíana e colocábanlla ao boneco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario