COVID-19

10/6/25

As herbas de San Xoán "de Covas"

Empezamos a derradeira actividade de centro do PDI Florece Covasmola "As Herbas de San Xoán". 

Somos de Covas e, que se celebra en Covas?

Pois o San Xoán que xa temos ás portas. Traballaremos a tradición máis arraigada nesta parroquia de Viveiro.

A actividade consiste en traballar as sete herbas de San Xoán entre as distintas aulas, recollelas no entorno próximo e facer a auga para lavar a cara. Aquí lavarámola xa o vindeiro venres 13 como preparación do San Xoán que se celebra o 24 de xuño.

Finalmente, os nenos e nenas de cada aula explicarán ao resto do alumnado todo o que aprendeu da herba traballada.

Contamos coa colaboración das familias e outros menbros da comunidade educativa para localizar as herbas en Covas e poder apañalas cos nenos e nenas do colexio.

PREME NA IMAXE e aprenderedes un pouquiño máis!!!!!!





                             



No hay comentarios:

Publicar un comentario