No contexto lingüístico do 3° ciclo de educación primaria estamos a pescudar na nosa historia. Para traballar os textos de non ficción escollimos un feito histórico que sucedeu en Covas, O naufraxio da fragata Magdalena e o Bergantín Palomo. Mergullamos nos fondos bibliográficos primeiro, e despois nos dixitais. Por último, contrastámolos para dar forma ao texto final.
COVID-19
▼
13/10/26
Obradoiro de radio con Susana Bastón
Rematamos a semana cun obradoiro de radio para o alumnado de 5° de Educación Primaria con Susana Bastón.
6/10/26
5/10/26
Catro Vellos Mariñeiros
Empezamos o curso cantando, e que imos cantar?
Pois pescudando nas nosas tradicións a peza que máis nos representa como viveirenses é "Catro Vellos Mariñeiros".
Que importante é transmitirlle os máis peques a nosa herdanza musical.
Cantádea en familia!!!





















