14/10/26

Pescudamos na nosa historia

No contexto lingüístico do 3° ciclo de educación primaria estamos a pescudar na nosa historia. Para traballar os textos de non ficción escollimos un feito histórico que sucedeu en Covas, O naufraxio da fragata Magdalena e o Bergantín Palomo. Mergullamos nos fondos bibliográficos primeiro, e despois nos dixitais. Por último, contrastámolos para dar forma ao texto final.









13/10/26

A que sabe a lúa? Aula de 4 anos

Na aula de 4 anos seguen a pescudar nos contos...

A que sabe a lúa?




Obradoiro de radio con Susana Bastón

 Rematamos a semana cun obradoiro de radio para o alumnado de 5° de Educación Primaria con Susana Bastón.

Deseñamos un informativo, escribímolo e gravamos.

En breve poderedes escoitar os podcast!!!












6/10/26

Hai "Un becho estraño" en 4 anos

Un becho estraño chegou á aula de 5° de educación infantil cargadiño de actividades!!!




 

5/10/26

Catro Vellos Mariñeiros

Empezamos o curso cantando, e que imos cantar?

Pois pescudando nas nosas tradicións a peza que máis nos representa como viveirenses é "Catro Vellos Mariñeiros".

Que importante é transmitirlle os máis peques a nosa herdanza musical.

Cantádea en familia!!!