COVID-19

20/12/13

VOLUNTARIADO DE LECTURA- VISITA Á RESIDENCIA DE ANCIANOS

Dentro do proxecto "Voluntariado de lectura-A" no que participamos dende a biblioteca escolar, visitamos a residencia de ancianos Geriatros. Os nenos e nenas de 6º contaron uns contos co Kamishibai e cantaron unha canción adicada aos libros.
Claudia recitou o poema "Só un libro" de Paula Carballeira.
Foi unha experiencia moi gratificante tanto para os nenos e nenas como para os "avós".

14/12/13

RECURSOS PARA NADAL

http://www.coordinadoraendl.org/nadal2013/index.php
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua pon ao noso dispor unha variada selección de recursos para o Nadal.
Hai cancións, obras de teatro, contos, manualidades... para traballar nas aulas. 

 Postais en galego
http://www.xunta.es/linguagalega/postais_en_galego

Este espazo ofrécevos diferentes modelos de postais en galego que podedes enviar por correo electrónico para felicitar estas festas.

Cartas ás Súas Maxestades de Oriente
http://www.xunta.es/linguagalega/carta_maxestades

O libro dos Reis Magos
http://www.xunta.es/linguagalega/libro_reis_magos

CADERNO VERDE DE SOGAMA


http://www.cadernoverde.com/
 
Especial de Nadal dos Trebón "Unha carta verde para os Reis Magos".
Os nosos amigos escriben unha carta aos Reis Magos e procuran pedir
agasallos sostibles. O Gato Evaristo e o Can Antenas queren un futbolín de
madeira para compartir; Vito, Lilia e Lucas, rolos de papel reciclado e
ceras para pintar (están pensando en facer un libro de aventuras), Carola,
unha bicicleta, o profesor Uxío, un xilófono, e Anselmo, unha hamaca para
deitarse. É evidente que o seu non é a actividade.
De todos os xeitos, o agasallo máis importante que nos deixan este ano é que
cos seus xestos e recomendacións seguro que contribuiron a manter un planeta
máis limpo e verde.


13/12/13

OS NEN@S DE 1º ESCRIBEN CONTOS

Os nenos e nenas de 1º estanse a convertir en futuros escritores.
 Para mostra, este conto titulado "La cabra Pepita" ilustrado cuns debuxos preciosos.


12/12/13

CHARLA SOBRE A SEGURIDADE NAS REDES SOCIAIS

Esta semana os nenos e nenas do 3º ciclo tivemos a visita de dous policías para darnos unha charla sobre a "Seguridade nas redes sociais".
Faláronnos sobre o uso do ordenador, os correos electrónicos e as redes sociais (tuenti, Facebook...). Déronnos as pautas a seguir no uso das redes sociais, sobre as contas e correos electrónicos, sobre o ciberacoso... e consellos a seguir se temos algún problema.
Ao final fixémoslles moitas preguntas sobre o tema.


8/12/13

ADEUS A NELSON MANDELA

                                                           Preme na imaxe para saber máis

"A EDUCACIÓN É A ARMA MÁIS PODEROSA PARA CAMBIAR O MUNDO"

Nelson Mandela (1918-2013)


27/11/13

25 DE NOVEMBRO- DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CARA ÁS MULLERES

Neste día participamos co Concello de Viveiro enchendo unha árbore de follas nas que levaban mensaxes contra a violencia de xénero, tamén ían cheas de palabras de ánimo, positivas e esperanzadoras.



22/11/13

OBRADOIROS DE ADEGA

Os alumnos/as de 8 a 12 anos do CEIP Plurilingüe de Covas participaron nos obradoiros “Constrúe o teu propio territorio” de ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza) que consisten nun xogo en grupo, mediante o cal os nenos e nenas reflexionan sobre o vencellemento entre a nosa cultura e o territorio do que formamos parte, aprendendo a importancia de valorar os espazos que nos rodean. ADEGA preocupada por como se está a desenvolver o territorio galego considera interesante implicar aos nenos e nenas a través da súa sensibilización pois o futuro da nos aterra e da nosa cultura está en mans das xeracións agora máis novas.


20/11/13

XA TEMOS MASCOTA PARA A BIBLIOTECA


 o DÍA DA BIBLIOTECA convocamos un concurso para diseñar a mascota da biblioteca. Participaron todos os nenos e nenas de Primaria. Todos os   traballos foron moi orixinais. O xurado tivo unha dificil  tarefa para seleccionar as mascotas finalistas e a gañadora. 

A mascota gañadora chámase LOLO  e é un paxaro moi especial.
Foi diseñada por Brais do curso de 1º de E. Primaria.
As finalistas foron Julia e Lucía de 6º curso.





13/11/13

VIDEOCONFERENCIA PARA CELEBRAR O DÍA DA CIENCIA EN GALEGO


O martes 12 conmemórase o Día da Ciencia. Con este motivo os nenos e nenas do 3º ciclo de Educación Primaria asistiron a unha videoconferencia impartida por MARILAR ALEIXANDRE doutora en Bioloxía e escritora,co título de "Benqueridos insectos".
  Benquerida abelliña, sen ti as maceiras non darían froito; benqueridos escaravellos, que volvedes á terra os restos do que foron seres vivos; e a cascarrubia que coida das roseiras, e a colonia das cen mil formigas falando cunha soa voz. Ás veces comémosvos, pois tamén comemos o que amamos. 
Despois da conferencia, os nenos e nenas dos diferentes centros de Galicia poideron facerlle preguntas vía chat a través dunha sala virtual.

CELEBRAMOS O MAGOSTO

O luns celebramos o Magosto no colexio. Durante estes días todos os nenos e nenas fixeron diferentes manualidades con froitos e materiais desta época: noces, castañas, follas...
A exposición dos traballos e de produtos típicos desta época é espectacular con traballos moi creativos.
 Como tamén foi o DÍA DO PEÓN, os nenos e nenas decoraron os seus das maneiras máis orixinais. A ANPA colaborou con nós asando as castañas que trouxeron os nenos e nenas. Tamén se encargaron de repartilas xunto con noces e zume ou auga.
Algúns alumnos/as (dos maiores) axudaron aos nenos e nenas de infantil a pelar as castañas. Juan, o conserxe, asou castañas da maneira tradicional.
 Despois o alumnado de 6º leu o Manifesto do Peón e acto seguido houbo unha exhibición bailando os peóns por parte dos nenos e nenas. Katie tamén probou a bailar o peón sen moito éxito.

Tivemos a festa de Halloween con Katie, a nosa auxiliar de conversa, que nos ensinou as diferentes tradicións dos Estados Unidos durante esta celebración. Fixemos unha exposición de "Comida de Halloween".Os nenos e nenas participaron en obradoiros de "comida terrorífica", nos que elaboraron diferentes pratos con laranxas, galletas e algunha lambetada. Os nenos e nenas de 6º disfrazáronse e fixeron de monitores e axudaron nas clases aos nenos e nenas a preparar a comida. Tamén elaboraron cabazas con papel, máscaras e teas de araña para adornar. Logo seguindo o costume houbo "truco ou trato" e os nenos e nenas de 6º de Primaria foron polas clases dando lambetadas aos demais compañeiros. Para rematar, todos os nenos e nenas do colexio cantaron e bailaron a canción "Knock, knock trick or treat".

5/11/13

RECURSOS PARA TRABALLAR O SAMAÍN

http://www.xunta.es/linguagalega/outono_2013
Recursos e materiais para traballar o Samaín.

3/11/13

OLLOS DE AULA- Revista para as familias do alumnado

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística presenta o Nº 10 da súa revista "OLLOS DE AULA". Este número está adicado ao Acoso escolar.

29/10/13

IMOS Á BIBLIOTECA POR LIBROS

Os nenos e nenas de 1º vamos á biblioteca todas as semanas para coller un libro e levalo para á casa ou lelo na clase durante a "hora de ler".
Cando chegamos á biblioteca collemos o LIBROCALIZADOR.
Despois eleximos o libro que máis nos gusta.
Ensiñamos o carné da biblioteca á profesora encargada dos empréstitos e  rexistra o libro no ordenador para saber que libro leva cada neno/a.

26/10/13

LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no contexto das actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), publica cada ano uns carteis divulgativos que pretenden facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación das persoas lectoras. 

O lema elixido para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR,trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabidana biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. 
                                   A ilustración é de PATRICIA CASTELAO.  

                                                   
                                                   

       Expositor na biblioteca con libros de ciencia ou  relacionados coa ciencia.


25/10/13

PARA VER NO SAMAÍN... SE TE ATREVES

VIDEO DE FIZ O COLECCIONISTA DE MEDOS




O SAMAÍN DE MAMÁ CABRA  


VIEIROS DA ESCOLA:QUE É O SAMAÍN?


A BRUXA REGAÑADENTES

9/10/13

TIVEMOS TEATRO NA BIBLIOTECA

Comezamos o curso coa visita de LEDA TEATRO que representou a obra "A súa vida". Un espectáculo que divirtiu moito aos rapaces e rapazas de primaria. Os dous actores tiveron aos nenos/as abraiados dende o principio coa historia dun neno e unha nena dende que eran bebés ata a súa vellez. Aquí tedes as fotos.

20/9/13

VISITA Á EXPOSICIÓN "100 ANOS DO HERALDO DE VIVERO"

Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria foron visitar a exposición
 “100 anos do Heraldo de Vivero” sobre a imprenta e sobre a historia do semanario de Viveiro “El Heraldo de Vivero” que celebra o seu centenario.
En dita exposición poideron seguir as explicacións do director do xornal Juan Carlos Neira sobre as diferentes máquinas que utilizaban para imprimir antes da chegada dos ordenadores: unha máquina impresora, unha guillotina, os moldes dos difererentes tipos (letras) que usaban para compoñer as palabras coa máquina de tipografía...e foron agasallados cunha cartulina impresa manualmente co debuxo que representa o centenario.
Ademais poideron ver vellos exemplares do Heraldo incluído o primeiro número do xornal do ano 1912.

DOMINÓ DE LIBROS


Dominó de libros feito pola biblioteca pública de Seatle.
Publicado en Redeiras por José Luis Barreiro Cebey.

11/7/13

MÓVETE+

 Móvete + é unha proposta do Plan Galicia Saudable dirixida a toda a población galega.
É unha acción de carácter lúdica que trata de promover un novo estilo de vida activo e saudable.

Os alumnos de Infantil e Primaria prepararon a coreografía Móvete+ e convidaron a toda a comunidade educativa a bailala con eles no patio do colexio.

Dende aquí damos as grazas a todos/as por acompañarnos.
 

 

    
   

1/7/13

BO VERÁN E UN LIBRO SERÁ SEMPRE UNHA BOA COMPAÑA

 Relaxante cadro de Monet (Camille Monet  cun neno lendo) para desexarvos unhas boas vacacións.

O CHARLATÁN DE COVAS

Con algúns atrancos técnicos pero xa podemos ler o noso xornal "O Charlatán de Covas".
Nel colaboraron a totalidade do alumnado de Infantil e Primaria do centro, o profesorado titor, profesorado especialista e a ANPA.
Grazas a tod@s.

24/6/13

TOD@S AO TEATRO

O último día de clase fumos todos os nenos e nenas ao teatro, pero no colexio. Representamos as obras que ensaiamos durante o curso, recitamos poemas, tivemos títeres, bailamos e cantamos en inglés e ata fixemos unha película. Esta era a derradeira actividade dentro do monográfico sobre o teatro que traballamos este ano. En infantil os nenos e nenas de 3 anos representaron a obra de Roberto Vidal Bolaño "Touporroutou da lúa e do sol". Na clase de 4 anos cantaron "Compañeiro sei tocare". En 5 anos puxeron en escena "A gaita e o pandeiro de Roberto Vidal Bolaño". Os nenos e nenas de 1º de primaria fixeron unha película sobre unha obra de teatro "Todo é un conto". Na clase de 2º de primaria recitaron poemas. Os nenos e nenas de 3º de primaria fixeron teatro de títeres coa obra "Rata feroz" e despois cantaron unha canción en inglés. En 4º de primaria representaron a obra "O sol, a lúa e o vento". Os nenos e nenas de 5º de primaria fixeron a obra "The farm" en inglés. En 6º de primaria a obra elexida foi "O casamento do piollo e a pulga" e para rematar cantaron unha canción en inglés sobre os amigos.
 Despedimos aos nenos e nenas de 6º de primaria que inician unha nova etapa no instituto.
 Boa sorte a Aldán, Mara, Brais, Nelphy, Miguel, Noa, Carla, Adrián, Andrea, Yessica, Diana, Eric, Estefanía, Jorge, Óscar, Nerea, Álvaro, Claudia, Carme e Lucas. 
 

23/6/13

V EQUIPO DE COLABORADOR@S DA BIBLIOTECA

Esta é a orla que entregamos aos equipos de colaborador@s da biblioteca de cada curso.
Xa é o quinto equipo de nenos e nenas que voluntariamente axudan todos os recreos na biblioteca facendo un gran traballo.
Grazas a tod@s!

10/6/13

EXPOSICIÓN DO DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA

Esta é a exposición coa que celebramos o Día da Arte Galega na Escola. Temos pezas de cerámica de Sargadelos, Buño, Gundivós, Otero Regal... Podemos admirar as obras de artistas como Caxigueiro,José María Prieto, Otero Regal, Abraham Corujo, Hortensio, Paco e sobre todo as creacións dos nosos nenos e nenas do colexio
Gracias a tod@s os que colaboraron nesta exposición.

9/6/13

KAMISHIBAI FEITO POLOS NENOS/AS DE 6º

Este é o Kamishibai feito polos nenos e nenas de 6º. Adaptaron o conto de Ed Young e fixeron os debuxos. A próxima semana irán lelo polas clases ( en galego e en inglés).

5/6/13

II DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA

O martes día 4 celebramos no centro o II Día da Arte Galega na Escola homenaxeando a Luis Seoane. Esta edición está adicada á escultura e os nenos e nenas do colexio, coa axuda de dúas estudiantes de Bellas Artes e exercendo de monitores os alumnos/as de 6º de primaria, fixeron esculturas con grandes doses de creatividade e orixinalidade. Tamén temos unha exposición de obras escultóricas de artistas da zona: Otero Regal, Hortensio, Abraham Corujo... e de obxectos de cerámica de Sargadelos, Buño, Gundivós, Burelarte e Otero Regal. O mércores día 5 visitou o colexio o artista Otero Regal para dar unha charla sobre o seu traballo.

4/6/13

XA SAÍU "O CHARLATÁN DE COVAS"





 Xa está publicado o último número do xornal do colexio "O charlatán de Covas". Esta vez adicado a Roberto Vidal Bolaño, o homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013. Na elaboración do xornal participaron todos os nenos e nenas do colexio e tamén a ANPA con: poemas, debuxos, receitas, historias... e moitas cousas. Nuns días aparecerá no blog todo o número.
Esperamos que o disfrutedes.

23/5/13

EXPOSICIÓN DA ACTIVIDADE UNHA PRIMAVERA DE POEMAS NO CONCELLO DE VIVEIRO

Dende o día 13 ao 16 de maio estiveron expostos todos os traballos feitos polas familias dos nenos e nenas dos centros educativos da zona da Mariña. Todos os días houbo algunha actuación tanto dos alumnos/as como de profesoras. Esta actividade chamada "Apadriña unha poesía" é un proxecto conxunto entre as bibliotecas dos centros da zona: CEIP Pedro Caselles Rollán (Xove), CEIP de Cervo, CEP Lois Tobío, IES Vilar Ponte, IES María Sarmiento, CEIP Pedrosa Latas, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, EEI San Roque e o CEIP Plurilingüe de Covas. Agradecemos a todas as familias que participaron, profesorado e aos nenos e nenas que fixeron traballos moi orixinais.

21/5/13

LIBROS PARA LER AXIÑA

Estos son os minilibros que fixeron os nenos e nenas do 2º e 3º ciclo para agasallar aos máis pequenos da escola.







DIA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Celebramos o Día das Letras Galegas na biblioteca cunha lectura e proxeccións dos contos que fixeron os nenos e nenas do 2º e 3º ciclo.
Para a celebración deste gran día tivemos que traballar previamente na elaboración de minilibros por parte dos alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.
A clase de 3º elaborou un libro coa canción "Quen son?".
Os nenos e nenas de 4º fixeron o mesmo co conto "A lúa ladroa". En 5º adaptaron o libro "A escaleira". Na clase de 6º elaboraron tres contos: "Bebé bigotes", "O artista que pintou un cabalo azul" e "Rapunzel".
Despois da lectura na biblioteca cada alumno/a dos maiores entregaron un minilibro aos nenos e nenas máis pequenos do colexio (infantil e 1º ciclo).
Os pequenos quedaron encantados con este agasallo e corresponderon cun marcapáxinas das bibliotecas escolares co poema "Só un libro" de Paula Carballeira.
Aquí tedes as fotos deste día tan especial.


15/5/13

MATERIAL AUDIOVISUAL SOBRE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Material audiovisual da CRTVG sobre o homenaxeado no Día das Letras Galegas.
Roberto Vidal Bolaño.
Preme na imaxe

13/5/13

MIRADE ESTE VIDEO SOBRE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

 Preme na imaxe
Video feito polos alumnos/as do CEIP de PEDROUZOS. Grazas por comportilo con nós.

7/5/13

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Preme na IMAXE
Con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas o 17 de maio, adicado a Roberto Vidal Bolaño, a Secretaría Xeral de Política Lingüística publica unha selección de materiais e recursos elaborados por distintos centros educativos para un mellor coñecemento da obra do dramaturgo homenaxeado.

29/4/13

UNHA PRIMAVERA DE POEMAS

UNHA PRIMAVERA DE POEMAS "Apadriña unha poesía" é unha actividade conxunta entre as bibliotecas escolares da zona da Mariña. Participan tanto colexios de infantil e primaria como centros de secundaria de Burela, Cervo, Xove e os centros de Viveiro.
As familias participaron escribindo as poesías favoritas e elaborando traballos plásticos realmente impresionantes e creativos.
Damos as gracias ás familias pola elevada participación e a orixinalidade dos traballos.
Ata o próximo 8 de maio os traballos estarán expostos no colexio e despois haberá unha exposición conxunta no concello de Viveiro.

26/4/13

TOD@S AO TEATRO!

Este é o título do monográfico que estamos a traballar no colexio durante o segundo e terceiro trimestre.
Cada clase está preparando algún espectáculo teatral: obras de teatro, cancións, dramatizacións, recitados... para facer a gran semana do teatro no colexio.
Todos os alumnos/as colorearon un marcapáxinas que tamén é unha entrada que entregarán para  entrar nos espectáculos programados.




RECURSOS PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS


O CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira de Ferrol elaborou este Lim sobre Roberto Vidal Bolaño. Moitas grazas por compartilo con nós.

A coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística pon á nosa dispor recursos para traballar a ROBERTO VIDAL BOLAÑO.
Preme na imaxe

O Seminario Galán ofrécenos recursos para traballar a ROBERTO VIDAL BOLAÑO, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
Bota unha ollada ás actividades en liña.
SEMINARIO GALÁN 

Actividade recollida no Repositorio do ESPAZO ABALAR.

Xogo sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño feito por Xosé Antón Vicente Rodríguez.