Os nenos e nenas de 6º que forman parte do Equipo de Colaborador@s da biblioteca cantaron e bailaron unha canción coa música dun tema popular ben coñecido "Pirimpimpim" e a letra adaptada aos libros, a biblioteca e á nosa mascota Lolo.
Estiveron estupendos e contamos coa colaboración da nosa auxiliar de conversa Maggie que aprendeu a canción en galego e bailou coma o que máis.
Bo Nadal a tod@s !
COVID-19
▼
18/12/15
MERCADILLO SOLIDARIO EN GERIATROS PARA O BANCO DE ALIMENTOS
mercadillo solidario en Geriatros2015 - Kizoa Movie Maker
Participamos no Mercadillo Solidario celebrado en Geriatros para recaudar fondos para o Banco de Alimentos.
Os nenos e nenas de 6º, 4º e 3º de Primaria doaron os traballos feitos nas clases de Plástica. Había moitos bonecos de neve feitos con calcetíns e arroz, tarxetas de nadal , bolsas para os agasallos...
Ademais colaboraron outros centros educativos como o CEP Lois Tobío e o EEI San Roque ,asociacións como ASPANANE...
Os nenos e nenas de 6º foron de visita ao mercadillo e compraron unha morea de cousas e colaborar a facer máis doada a vida dos que non teñen dabondo para comer.
Grazas aos nenos e nenas que colaboraron con estes fantásticos traballos!
AMANDA RECOMENDA...
Amanda de 5º curso recomenda ler o libro titulado "Diario de Nikki".
-Lolo:De que vai o libro?
-Amanda:Trata dunha adolescente que se muda de cidade e unha nena chamada Mackencie, que é super mala, intenta facerlle a vida imposible ata que fai dúas boas amigas que lle axudan.
-Lolo: Grazas Amanda.

13/12/15
RECURSOS PARA NADAL
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística achégannos estes recursos para Nadal.
Esta páxina especial inclúe unha escolma de recursos e materiais elaborados por docentes, equipos de normalización lingüística, centros escolares, artistas e bandas musicais, editoriais, institucións e asociacións, tales como unidades didácticas, tarefas en liña, propostas de actividades, manualidades, vilancicos, videoclips, contos, catálogos de agasallos en galego, etc. Coma sempre, agardamos que este contedor de recursos sexa de proveito para as vosas aulas e as familias e pedímosvos que nos axudedes a completar cos vosos propios materiais e ideas esta páxina aberta a toda a comunidade educativa e á sociedade.
Recursos
Páxina Coordinadora Galega de ENDL

8/12/15
CANCIÓN SOBRE AS AVES DE MAGIN BLANCO
O libro As aves que editou a Mesa ten canción de Magin Blanco Garcia "Voa paxariño"
Posted by A Mesa pola Normalización Lingüística
27/11/15
MORREU O ESCRITOR XOSÉ NEIRA VILAS
O autor de "Memorias dun neno labrego" morreu esta mañá na súa casa de Gres en Vila de Cruces (Pontevedra) aos 87 anos.
Emigrou a Buenos Aires e alí casou coa escritora cubana Anisia Miranda.
De volta a Galicia, viviron en Gres onde morreu.
As súa obra máis coñecida é "Memorias dun neno labrego" , pero ten outras moitas para nenos como "Espantallo amigo", "O cabaliño de buxo", "A Marela taravela"...

Preme na imaxe para ir á Fundación Xosé Neira Vilas
25/11/15
RECOMENDAMOS...
O libro que recomendo titúlase "El dulce hogar de Chi" e gustoume moito porque trátase dun gato que vive nunha casa coa súa familia e pensa que é un humano. Cando se entera que é un gato... ponse como loco!
É un comic xaponés e lese ao revés.
O autor é Konami Kanata da editorial Planeta Comic.
Raquel
Estou lendo "El diario de Greg, días de perros". Gústame porque fala de como o tratan os seus pais, na escola, os seus irmáns e amigos. É moi entretido e gracioso.
O autor chámase Jeff Kinney.
Uxía
Eu recomendo o libro titulado "Bakuman". É moi divertido. Escribiuno Tsugumi Ohba e Takeshi Obata. Aos que lles guste o manga e os libros xaponeses... este é o seu libro!.
So tedes que saber ler ao revés.
Carla

24/11/15
O POETA CARLOS OROZA MORREU EN VIGO
O día 21 de novembro morreu en Vigo, onde residía, Carlos Oroza o poeta que naceu en Viveiro.
Un home polifacético que cantou nun grupo de rock, estivo activo ata o final da súa vida.
Un home polifacético que cantou nun grupo de rock, estivo activo ata o final da súa vida.
15/11/15
MAGOSTO E XOGOS POPULARES
O día 11 de novembro celebramos o Magosto e o Día do Peón.
Todos os nenos e nenas trouxeron castañas das casas e levámolas asar á Panadería de Covas.
O ex-conserxe Xusto asou algunhas polo método tradicional.
Os nenos/as de 6º de primaria repartiron as castañas aos compañeiros e comímolas todas.
O ex-conserxe Xusto asou algunhas polo método tradicional.
Os nenos/as de 6º de primaria repartiron as castañas aos compañeiros e comímolas todas.
Estaban boísimas!
Despois disfrutamos cos xogos populares coa axuda do alumnado de 6º que exerceron de monitores. Eles ensinaban aos demais nenos e nenas como xogar e coidaban de que todos o pasaran ben.
Xogamos á rá, aos zancos, á chave, a mariola, corda, goma, aros... e como non podía faltar o peón.
Margaret, a auxiliar de conversa,pasouno moi ben e fixo moitas preguntas sobre esta festa tan tradicional en Galicia.
10/11/15
A TÚA BANDA VAI AO COLE!
O martes de novembro unha representación da Banda de Viveiro, con Ana Gabriela de 6º incluída, desenrolou o seu proxecto educativo “A túa banda vai ao cole” cós nenos de 1º a 4 de Educación Primaria.
Neste primeiro taller o alumnado tivo a oportunidade de escoitar temas coñecidos interpretados polos músicos da banda, ver os seus instrumentos de preto e, o máis divertido, podelos tocar!!!!!
A banda animou a todos os nenos e nenas a formar parte da mesma. É unha actividade gratuíta, ten profesorado propio e xera a gratuidade tamén dos estudios do conservatorio.
PASÁMOLO BÁRBARO!!!!
4/11/15
CELEBRANDO O HALLOWEEN
Como o día de Halloween non tivemos cole, hoxe fixemos unha pequena festa coa participación de todo o centro.
Cantamos a canción "Trick or treat" que nos ensinou Margaret, a nosa auxiliar de conversa e o curso de 6º de primaria xogou a "Vestir a momia" con rollos de papel hixiénico.
Os nenos e nenas de 6º disfrazados de demos, vampiros, zombies... axudaron aos máis pequenos a facer corros e a cantar a canción.
Os días anteriores decoramos o colexio coa bruxa feita cunha cabaza, con morcegos feitos con origami e algúns nenos e nenas fixeron máscaras de medo.
Na clase de inglés fixemos xogos de Halloween en grupos.
30/10/15
LOLO É...
Lolo é... - Kizoa Movie Maker
Estes son os debuxos que fixeron os nenos e nenas pequenos sobre Lolo, a nosa mascota da biblioteca. Lolo está moi contento polos debuxos e polas historias que inventaron os nenos e nenas do colexio.
Agora está a preparar os libros para o Halloween e o Samaín.
29/10/15
A MICRORREDE DA MARIÑA NO CONGRESO CIBES 2015
Do 26 ao 28 de outubro tivo lugar na universidade Carlos III de Getafe en Madrid o 1° Congreso Iberoaméricano de Bibliotecas Escolares CIBES 2015.
A Mariña estivo representada co proxecto "MICRORREDE DA MARIÑA: dinamizando as comunidades educativas a través da literatura".
Este proxecto vai polo seu quinto ano e nel están integradas as bibliotecas escolares dos centros: EEI San Roque, CEIP de Cervo, CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán de Xove, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro, CEP Lois Tobío de Viveiro, CEIP Plurilingüe de Covas, IES María Sarmiento e IES Vilar Ponte de Viveiro.
Os traballos dos escolares coas familias son os protagonistas do proxecto e o obxectivo principal o fomento do hábito lector do alumnado.
Con todos os traballos realízase unha exposición colectiva no concello de Viveiro na semana das Letras galegas.
Durante esa semana hai actividades dinamizadoras participando alumnado, profesorado e familias dos centros integrantes da microrrede.
24/10/15
DÍA DA BIBLIOTECA
Dia da biblioteca 2015 - Kizoa Movie Maker
Onte celebramos o Día da Biblioteca. O protagonista foi Lolo, a nosa mascota, xa que todos os nenos e nenas lle fixeron historias, un gran mural, contos, debuxos e poesías.
Lolo estivo presidindo o acto e agasallou a todos os alumnos e alumnas con marcapáxinas para a hora de ler.
Ademais para os alumnos/as novos e os pequeniños de 3 anos regaloulles un pin.
Tamén presentamos os libros cos traballos sobre "O refraneiro de Cervo a Viveiro" que fixeron os nenos e nenas durante o curso pasado.
18/10/15
OBRADOIRO DE RAP
Os días 15 e 16 de outubro Iñaki visitou o noso colexio, concretamente as clases de 4º e 6º de primaria para ensinarnos a compoñer un RAP.
Pero ... Sabedes o significado da palabra RAP? Significa "ritmo e poesía".
Foi doado entender eso... e despois escoitamos e interpretamos algunhas das cancións máis coñecidas dos grupos de moda (Calle 13 e Mala Rodríguez) que se adican a traballar e a expresar con este tipo de música.
Máis adiante e seguindo unha guía de preguntas- resposta buscando a rima e o sentido ao que ía pasando polas nosas cabezas, conseguimos crear algo parecido a un RAP ( aínda que chamalo RAP de primeiras parécenos moi atrevido...).
Por último rapeamos, apoiados por unha base rítmica, as nosas creacións. Algúns fixéronno en grupo, pero houbo un bo número de valentes, que non dubidaron en facelo individualmente.
Moitas grazas Iñaki por amosarnos unha actividade divertida que nos invita a crear e a disfrutar.

14/10/15
IMOS Á BIBLIOTECA COS NENOS E NENAS DE 3 ANOS
Os nenos e nenas de 3 anos estiveron na biblioteca do centro.
Foron recibidos por Lolo, a mascota, que os levou á zona de Infantil onde teñen un sofá e un sillón de cor vermella.
Colleron libros que leron na aula con Luisa e fixeron unha ficha sobre a biblioteca.
Cando remataron de ler eses libros foron cambialos por outros que levaron á clase.
13/10/15
O MUNDO DAS ABELLAS
Tivemos a visita duns apicultores que nos presentaron o mundo das abellas. Vimos un video de debuxos e unha película para coñecer mellor como facían o mel, poñían os ovos, como vivía a raíña e visitaban as flores.
Despois ensináronnos o traxe que se poñen e explicáronnos para que é.
Os nenos e nenas fixeron moitas preguntas que responderon encantados.
10/10/15
TEMPO DE CABAZAS
Vaise achegando o Magosto e o noso horto está cheíño de cabazas xigantes.
Non nos resistimos a facer estas fotos das cabazas cos nenos e nenas de 3 anos.
Non nos resistimos a facer estas fotos das cabazas cos nenos e nenas de 3 anos.
VIII EQUIPO DE COLABORADOR@S DA BIBLIOTECA
Xa está a traballar durante os recreos o " VIII Equipo de colaborador@s da biblioteca".
Está dividido en 5 equipos, un para cada día, que van á biblioteca do centro para axudar na organización e funcionamento.
Despois de firmar un contrato de colaboración, adicaranse ás tarefas de: colocación dos libros nas zonas de cada curso, ordenación nos andeis, axudar aos compañeiros e compañeiras nas dúbidas que lles xurdan cando van á biblioteca, utilización do librocalizador, exercer de monitores/as nas diferentes actividades que se realizan no centro...
Este é o VIII equipo de colaboradores que traballa na biblioteca e estamos moi orgullosos de todos os que pasaron pola biblioteca.
Fan un labor importantísimo dentro da biblioteca e fóra dela representándonos en diferentes actividades que se fan conxuntamente con outros centros educativos, con diferentes asociacións,entidades ou o Concello.
Grazas!

5/10/15
BENVIDA MARGARET
Margaret é a nosa auxiliar de conversa para este curso.
Ela é de Missouri (os Estados Unidos) e está no colexio para axudarnos a desenvolver as destrezas orais e achegarnos a súa cultura. Está moi ilusionada igual que nós e promete que aprenderá a falar galego.

1/10/15
SAIRON AS MOCHILAS VIAXEIRAS 2015-2016
Onte sairon as primeiras Mochilas Viaxeiras do curso. Paula, Israel, Zoe, Julia e Sara foron os primeiros mochileiros que levaron entusiasmados a súa mochila para a casa.
Algunha non se resistiu e abriu a mochila para ver que sorpresa había dentro.
Algunha non se resistiu e abriu a mochila para ver que sorpresa había dentro.
FELICES LECTURAS EN FAMILIA!
14/9/15
BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS
"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o
lema elixido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas
escolares que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria, enviará en breve a todos os centros públicos como reforzo
das actuacións da biblioteca escolar e para apoiar a visibilidade dos
seus recursos e das súas oportunidades de aprendizaxe.
A imaxe do cartel responde á interpretación que deste lema fixo o ilustrador e autor de cómic FRAN BUENO, e ten suficiente carga simbólica e información como para espertar o interese do alumnado.
En efecto, a biblioteca escolar pode ser a base desde a que explorar o
mundo real, pero tamén os mundos imaxinarios; os materiais impresos e os
recursos electrónicos achégannos informacións sobre todo aquelo que
queremos coñecer e comprender; é un espazo para a investigación
individual e para o traballo en equipo; é un espazo integrador cheo de
oportunidades de aprendizaxe.
O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a
traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar
posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo
alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a
coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras
que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun
mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.
6/9/15
CURSO 2015-2016 BENVID@S
Despois do periodo de vacacións e con ánimos renovados, comezamos coa novidade da posta en funcionamento do proxecto E-DIXGAL (Educación Dixital) ou libro dixital para o curso 5º de Primaria.
Alumnos/as e mestras desenvolverán a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º de primaria.
Próximamente enviaremos ás familias a solicitude para levar as Mochilas Viaxeiras ás casas para compartir lecturas en familia e crearemos o Equipo de Colaboradores/as da Biblioteca entre o alumnado de 6º de Primaria.

Agora toca a empezar con ilusión o curso!
20/6/15
17/6/15
VII EQUIPO DE COLABORADORAS/ES DA BIBLIOTECA
Despedimos ao VII Equipo de colaboradoras/es da biblioteca do centro.
Grazas pola vosa colaboración e traballo.
Boa sorte!!
7/6/15
ENTREGA DOS PINS DE LOLO
Fixemos entrega dos pins de Lolo a todos os nenos e nenas que acertaron os enigmas que Lolo puxo nas clases.
4/6/15
DÍA DA ARTE GALEGA
Arte matemático
Este é o cuarto ano que celebramos no colexio o "Día da Arte Galega na Escola" homenaxeando a Luis Seoane na data do seu nacemento.
Como o proxecto da biblioteca deste curso era sobre as Matemáticas "A biblioteca está chea de números", decidimos utilizar liñas, figuras xeométricas, números... e diferentes técnicas e materiais para crear traballos "matemáticos". Témperas, papeis de cores, ceras, tapóns... foron algúns dos materiais empregados e as técnicas variaron dende o collage ata a pintura con témperas, pasando polas ilusións ópticas e versións libres de traballos de Mondrian ou Kandinsky. Todos os nenos/as fixeron auténticas "obras de arte".
24/5/15
16/5/15
SAIU O XORNAL "O CHARLATÁN DE COVAS"
Xa temos o último número do xornal do colexio "O CHARLATÁN DE COVAS". Este ano está adicado a Xosé Fernando Figueira Valverde e ás Matemáticas como tema monográfico da biblioteca.
Podemos atopar os traballos dos nenos e nenas que fixeron un gran traballo.
Se queres descargalo para imprimir, tan só tes que PREMER EN DOWNLOAD na parte inferior deste documento (paciencia se tarda un pouquiño)
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Para celebrar o Día das Letras Galegas os nenos e nenas de 6º escenificaron unha obra relacionada coas Matemáticas. A obra titúlase "A matemática historia de Cadrado e Circuliña" e fixéronnos disfrutar con esta historia chea de Matemáticas.
13/5/15
6/5/15
4/5/15
EXPOSICIÓN NO COLEXIO DOS TRABALLOS "O REFRANEIRO DE CERVO A VIVEIRO"
Aquí están as fotos da exposición "O refraneiro de Cervo a Viveiro".
Trátase dunha actividade realizada conxuntamente con outros centros educativos da Mariña (CEP Lois Tobío, EEI San Roque, IES María Sarmiento, IES Vilar Ponte, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán de Xove, CEIP de Cervo, CEIP Pedrosa Latas de Celeiro e o CEIP Plurilingüe de Covas).
O obxectivo é fomentar a lectura entre as familias realizando un traballo plástico que ilustra un refrán. Uns auténticos artistas!
A semana do 12 ao 15 de maio, todos os traballos dos nenos e nenas estarán expostos na Sá de usos múltiples do Concello de Viveiro dende as 18:00 ata as 20:00 horas.
Todos os días haberá actuacións do alumnado dos centros educativos colaboradores.
Non o perdades!
28/4/15
VISITOUNOS ABRAHAM CARREIRO
Nesta semana do Libro, estivo Abraham Carreiro no noso colexio. Abraham Carreiro é un ilustrador, diseñador gráfico, debuxante de banda deseñada e autor de libros como "A pel do crocodilo", "Os Barbanzóns", "Xoeliki"...
Ensinou a os nenos e nenas de Infantil e Primaria a inventar historias e debuxar personaxes de banda deseñada e todos fixeron (ou intentaron) crear o seu personaxe.
Ensinou a os nenos e nenas de Infantil e Primaria a inventar historias e debuxar personaxes de banda deseñada e todos fixeron (ou intentaron) crear o seu personaxe.
26/4/15
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO- ACTUACIÓN DO CURSO 4º DE PRIMARIA
A sorpresa déronnola os nenos e nenas de 4º curso que, por grupos, foron polas aulas e representaron unha pequena obra de teatro sobre unha nena tirando un plátano ao chan, un condutor que aparca mal o seu coche e un policía...
Fixéronno moi ben... temos auténticos actores e actrices no colexio!
Fixéronno moi ben... temos auténticos actores e actrices no colexio!
A QUE SABE A LÚA
Kamishibai feito polos nenos e nenas de 6º de Primaria. Adaptaron o conto de Michael Grejniec.
"Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa..."
Se queres ler o texto... vai á biblioteca, séntate cómodamente e disfruta dunha historia moi divertida.
"Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa..."
Se queres ler o texto... vai á biblioteca, séntate cómodamente e disfruta dunha historia moi divertida.
23/4/15
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
Hoxe conmemoramos o Día Internacional do Libro e no colexio celebrámolo na biblioteca coa actuación dos nenos e nenas de 6º de Primaria que dramatizaron o conto "O casamento do piollo e a pulga" e recitaron co Kamishibai poemas de animais con debuxos elaborados por eles.
Foi todo un éxito e tiveron que repetir a dramatización do conto.
Pero non remata aquí a celebración xa que mañá teremos unha sorpresa.
Foi todo un éxito e tiveron que repetir a dramatización do conto.
Pero non remata aquí a celebración xa que mañá teremos unha sorpresa.
21/4/15
AS NENAS DE 6º VISITAN A CLASE DE 2º
Unhas nenas de 6º deronlles unha sorpresa á clase de 2º porque na hora de ler foron lerlles unha historia.
A historia era "A que sabe a lúa" que leron acompañados de debuxos que elaboraron elas mesmas.
Foi unha sorpresa moi agradable e os nenos e nenas de 2º quedaron encantados coa visita.
20/4/15
TRABALLAMOS NO HORTO ECOLÓXICO DO COLE
Ola:
Tras a chegada da primavera e do bo tempo aquí estamos de novo traballando o noso horto.
Esta vez, despois de preparar un pouco a terra, empezamos por prantar unhas leitugas; logo virán as fresas, as cebolas...
Como podedes ver nas fotos, alegría e ganas non nos faltan.
Isto ten que dar bo froito. Xa o veredes aló polo mes de setembro.

12/4/15
VOLUNTARIADO DE LECTURA
Celebramos o Día do Libro Infantil visitando aos "avós e avoas" residentes do Centro de Maiores Geriatros.
Os nenos e nenas de 6º "voluntarios de lectura" representaron o conto "O casamento da pulga e o piollo", recitaron poemas co Kamishibai e cantaron e bailaron a canción "Sumando" adicada ao monográfico "A biblioteca está chea de números".

30/3/15
PROXECTO ENREDANDO- OS VERMES DA SEDA
O CEIP Plurilingüe de Covas acolleu o proxecto Enredando, artesanía na escola, que pon en marcha a Consellería de Economía e Industria a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño e que durante este trimestre permitirá a alumnos de 16 colexios de toda Galicia aprender a obter seda.
O obxectivo desta iniciativa é achegar aos máis novos os oficios artesanais, contribuíndo así á promoción e posta en valor do sector artesán galego, unha das liñas de acción do novo Plan de Artesanía de Galicia.
Coa segunda parte da unidade didáctica O gremio da seda, o alumnado que xa participara anteriormente no proceso de coidado e a evolución dos vermes da seda, coñece da man de artesáns expertos a extracción desta para a confección do fío de seda.
Os principais obxectivos deste proxecto, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e no que participaron xa máis de 15.000 alumnos desde a súa posta en marcha hai catro anos, son concienciar a sociedade do valor do produto feito á man así como presentarlle aos rapaces e rapazas que a artesanía pode ser tamén unha boa alternativa para o seu futuro laboral. Tamén impulsar o relevo xeracional nos oficios máis tradicionais promovendo o desenvolvemento da artesanía galega a través da formación de futuros artesáns creadores; e amosar á sociedade o valor engadido da artesanía en canto á súa creatividade, patrimonio cultural e tradición.
27/3/15
DÍA DO LIBRO INFANTIL
- Moitas culturas, unha historia, é un texto de Marwa Obaid Rashid Al Aqroubi, escritora e difusora dos libros infantís nos Emiratos Árabes Unidos. Traballa pola creación dunha cultura de lectura e por proporcionar libros para nenos e nenas afectadas pola guerra, a inestabilidade política ou os desastres naturais na rexión de Asia Central e Norte de África:
- A imaxe que ilustra o cartel do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2015 é de Nasim Abaeian, ilustradora nacida en Isfahán, cidade iraní moi evocadora no mundo dos contos*. Formada en Italia, Sharjah (un dos emiratos integrados nos EAU) e Estados Unidos, actualmente é profesora no departamento de Arte e Deseño da Universidade de Zayed (EAU) e traballa como ilustradora de libros infantis.
- * "El criado del rico mercader", conto persa recollido por Bernado Atxaga en Obabakoak
TEXTO DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2015
23/3/15
ANXO MOURE CELEBROU NO COLEXIO O DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA
O contacontos Anxo Moure coa súa Ciclobiblioteca estivo no noso centro para narrar aos máis pequenos contos sobre o coidado das árbores.
20/3/15
DIA DA ÁRBORE
O xoves día 19 conmemoramos o Día da Árbore (22 de marzo) e os nenos e nenas de 1º prantaron un acivro. Puxéronlle o nome de "Pinchiño Xosé" e coidarán del durante os próximos anos mentres estudien no colexio. Todos os nenos e nenas demostraron moita arte á hora de prantar a árbore.
O día 21 de marzo conmemoramos o Día Mundial da Auga. Dende a Deputación de Lugo, cada alumno/a recibiu un libro sobre o Ciclo da auga e das árbores e as Reservas da Biosfera Luguesa.
16/3/15
ENCONTROS DAS BIBLIOTECAS DO PLAMBE
Durante os días 12 e 13 tiveron lugar en Santiago de Compostela os Encontros das bibliotecas que pertencen ao PLAMBE (Plan de mellora das bibliotecas escolares).
O día 12 estivo adicado as bibliotecas escolares que se incorporaron ao PLAMBE este ano. O día 13 reunímonos 550 responsables/membros dos equipos das bibliotecas escolares de toda Galicia.
Preme aquí para ir á páxina onde atoparedes os materiais dos Encontros.
15/3/15
LOLO PROPÓN MÁIS ENIGMAS MATEMÁTICOS
Lolo está a poñernos a proba con novos enigmas matemáticos.
A ver si es capaz de resolvelos!
1/3/15
DÍA DE ROSALÍA MATEMÁTICO
Celebramos o Día de Rosalía cunha exposición de traballos feitos polos nenos e nenas co tema das matemáticas.
En algunha clase fixeron figuras xeométricas e en cada cara escribiron versos de Rosalía acompañadas de debuxos.
Noutras clases a imaxinación estivo presente cos cadrados, rombos, números, un ábaco , unha balanza e un tangram.

17/2/15
ENTROIDO MATEMÁTICO
Celebramos o Entroido "matemático" seguindo as consignas do Meco e todos no centro levamos postos dende táboas de multiplicar ata reloxos. Tamén degustamos as deliciosas lambetadas que trouxeron os nenos e nenas e por suposto... bailamos.
DÍA DA PAZ
Por fin veu esa raiola de sol tan esperada para celebrar o Día da Paz.
Todos os nenos e nenas do colexio bailaron unha danza solidaria. Despois o alumnado de 6º leu a biografía de Malala Yousafzai (Premio Nobel no ano 2014) e incluíron frases dela a favor da educación.
Os posters foron elaborados polos nenos e nenas de 6º curso.

7/2/15
O MECO ESTÁ NO COLEXIO!
Xa estamos no Entroido e o Meco disfrazouse de Matemático.
Temos que ler o que nos manda traer cada día da semana.
Estade atentos porque é un profesor un pouco despistado e algunha vez comete erros nas operacións matemáticas (pide axuda a mamá ou a papá cando te vaian levar ou recoller ao cole).

6/2/15
XA ESTAMOS NO ENTROIDO!
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) ten á disposición dos centros educativos e dos equipos de dinamización da lingua galega novos materiais e recursos relacionados coa celebración do Entroido.
PREME NA IMAXE.
5/2/15
ENIGMAS MATEMÁTICOS... XA SABES A SOLUCIÓN?
Estade moi atentos cando entredes na aula!
25/1/15
DÍA DA PAZ E A NON-VIOLENCIA
16/1/15
REVISTA EDUGA- VOLUNTARIADO DE LECTURA NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Foi publicado un artigo na revista galega do ensino EDUGA sobre o papel do alumnado voluntario na biblioteca escolar visto polo profesorado responsable das bibliotecas seleccionadas na primeira das convocatorias de Voluntariado de Lectura-A, integrada no programa Hora de Ler, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Para ler o artigo, preme AQUÍ