COVID-19

14/4/23

Biofilia Covasmola 2.0

Para seguir traballando a saúde mental como eixo vertebrador do PDI Covasmola 2.0, xunto coa saúde social e a educación sexual, plantexamos unha actividade de centro para pechar o trimestre sobre a biofilia.

Pero, que é a biofilia?

Adult@s e nen@s están na natureza de diferente maneira. Para os nen@s non é só un marco, é unha fonte de estímulos, é un territorio a descubrir, ofrecéndolles unha experiencia sensorial completa que impacta sobre a súa imaxinaión e as súas emocións. Os nenos/as son aprendices activos, investigadores, e aprenden máis e mellor cando teñen a posibilidade de interactuar.

O concepto "biofilia" foi acuñado polo biólogo Edward O. Wilson para referirse á afinidade innata que a humanidade, e especialmente a infancia, sinte polos seres vivos. Clemens G. Arvey no seu libro "El efecto biofilia", chama a atención sobre a acción positiva da natureza sobre a saúde: "é un feito demostrado cientificamente; a natureza é a mellor terapia. Para que o efecto biofilia se produza non fai falla nada máis que rodearse de plantas, animais e terra, respirar, andar e deixar que a mente voe".

Se permitimos que os nenos e nenas medren en contacto estreito coa natureza, o seu benestar e o do planeta están garantidos.

Así que dividimos o centro en catro grupos que visitaron catro espazos distintos da nosa contorna para sentir o efecto biofilia.

O alumnado de Educación Infantil estivo nunha horta e en contacto con animais domésticos. O de 1º e 2º de Primaria ciclo foron á Praia de Covas, o de 3º e 4º a Xunqueira e ao paseo fluvial do Río Landro en Viveiro e o de 5º e 6º fixo realizou unha andaina ata o Monte San Roque con dúas rutas diferentes, unha de subida e outra de baixada.

Os nenos e nenas debían recoller as súas vivencias, a súa interacción con estes espazos naturais tan diferenciados, para realizar un traballo posteriormente na aula.

Coas imaxes recollidas Educación infantil fixo un cadro. Nel pódese observar como a natureza serve de fondo, de recheo para siluetas de elementos tamén naturais. Os máis peque colocáronos de xeito maxistral e inmortalizáronas para realizar unha composición marabillosa!!! 😍😍😍😍








O alumnado de 1º e 2º tiña unha contorna privilexiada; a Praia de Covas, a praia do noso cole (levamos o mesmo nome). Recolleron a súa experiencia biofílica e eleboraron un scrapbook impresionante!!! 😍😍😍😍
















Os nenos e nenas de 3º e 4º experimentou en Xunqueira e o paseo fluvial do Río Landro a súa inmersión natural. Recolleron imaxes do momento e crearon un mural no que reproducen o campo de Xunqueira e unha árbore tridimensional con follas penduradas onde se poden ver as imaxes captadas así como ter acceso a un código QR que redirixe a un diaporama espectacular de ditas imaxes.




Diaporama


Xa para rematar, @s maiores, 5º e 6º, elaboraron curtas cinematográficas de entre 3 e 5 minutos nas que se pode vivir con eles a súa experiencia no Monte San Roque.

Combinaron tanto imaxe fixa como vídeos e música e editaron o seu traballo como bós profesionais.









O venres 31 de marzo pechamos a actividade cunha exposición e visionado dos traballos expostos anteriormente. Visitárono todos os nenos e nenas do cole e agardamos, que é volta da Semana Santa, tamén podan ser do disfrute das familias. Están tod@s convidados!!!!



















No hay comentarios:

Publicar un comentario