COVID-19

10/4/23

Obradoiro de emocións

O 28 e 29 de marzo tivemos tivemos un Obradoiro de Educación Emocional dirixido ao alumnado de Educación Primaria e impartido polo equipo psicopedagóxico "La ciudad educativa". Dentro dos ditames do oso PDI Covasmola 2.0 temos, ademais da alimentación saudable, a sustentabilidade e a mobilidade, do proxecto xerme Covasmola; a educación sexual, a a saúde social e a saúde mental. 

Para garantir un alumnado san que medre nun adulto san precisamos, desde idades moi temperás, traballar a educación emocional en favor dunha saúde mental plena.

Neste senso se programou este obradoiro de emocións dentro do CP Inclúe Emociona-t. Nel o alumnado tivo a oportunidade de adentrarse no recoñecemento das emocións básicas e traballar sobre elas. Así mesmo realizaron diferentes técnicas de regulación emocional a través da relaxación.

A nosa identidade de centro "Covasmola" traballa por un alumnado san por fóra e por dentro.

Foi Emocionante!!!!!!


  





















       

No hay comentarios:

Publicar un comentario