24/10/23

Día das Bibliotecas: Recanto das Familias

Hoxe é o Día das Bibliotecas e para conmemorr esta data tan importante inauguramos un novo recanto da Bibliocovas : O Recanto das Familias.

O pasado curso o noso alumnado fixo un programa da TELE COVASMOLA no que realizou enquisa ás familias, mestres e nen@s e buscou unha localización para este novo espazo. Xa sabedes que este é o noso terceiro curso dentro do programa "Lectura e Familias" e para a Bibliocovas a participación das familias é fundamental. Pois xa é unha realidade o voso/noso recanto!!!!!

O Recanto das Familias localízase no Hall do cole ao lado da secretaría.

Este recanto reúne diferentes materiais:

  • Libros sobre temas educativos e infancia.
  • Libros para ler en familia.
  • Dúas mochilas creativas con material específico para produccións artísticas.
  • Xogos familiares de lóxica, agudeza visual, memoria, ..., seguindo os mandados no presente PDI "Covasmola 3.0".
As familias poderán levar para as súas casas emprestado este material!!!!

Só tedes que escollelo e apuntarvos!!!!!

Aos 15 días traerédelo de novo ao centro ou poderedes renovar o empréstito igual que facemos cós libros na Bibliocovas.

Que obxectivo ten este Recanto? Desde a Bibliocovas queremos achegar ás familias aquelas lecturas polas que nos amosaron interese (educación, diversidade, alimentación, descanso, ...) do mesmo xeito que proporcionar tanto lecturas como xogos e material creativo para propiciar actividades nas que a familia poda COMPARTIR.

ESTAMOS EMOCIONAD@S COA APERTURA DESTE NOVO ESPAZO!!!!!

AGARDÁMOSVOS CON ILUSIÓN!!!!






















No hay comentarios: