Polo Día de Rosalía a 3D elaborounos un busto da escritora para a nosa Bibliocovas
CEIP PLURILINGÜE de COVAS-VIVEIRO (LUGO)
Chegou o día e, nesta ocasión, a choiva non ía ser quen de roubarnos a ilusión dun dos días que máis gozamos do curso.
Chove? Pois plab B: Desfile polos corredores do cole.
En que consistiu Vive Covasmola? Pois estamos co PDI "Seres Covasmola" e decidimos representar cos nosos disfraces ao habitantes do pobo Covasmola, que viría a ser o alter ego do noso Covas. Confeccionamos os disfraces en diferentes obradoiros verticais con nenos e nenas de todas idades.
Tivemos turistas de visita, mariñeiros pescando luras na ría, usuarios da residencia de maiores facendo deporte, buzos que se mergullan para estudar os pecios de Covas que son a Fragata Magdalena e o bergantín Palomo; e tamén tivemos fauna: un parque Pernas Peón cheíño de parrulos e,como non, uns Castelos ateigados de cangrexos.
Finalmente fomos quen de cantar a alpuxarrada no ximnasio.
Pasámolo bárbaro!!!
AS MÁSCARAS DOS NOSOS SERES COVAS MOLA.
A semana pasada no recanto de arte, os SERES Covasmola converteronse en mascaritas do Entroido. Uxía cos seus superpoderes, Lolo o amante da lectura, Figuriño o Ser do refugallo e das figuras xeométricas e Rosalia como Ser das artes galegas, foron elexidas por cada nen@ para decorala con lápices, rotus, ceras,picar ollos e recortar para transformala unha máscara. Así de lúcidas quedaron!!!!
