16/11/26

A: Arco da Vella. Experimento en 4 anos

Chegou a letra A do rosco e con ela o experimento máis doce e colorido.

Con axuda duns lacasitos as nosas nenas de 4 anos realizaron un Arco da Vella.

Mirade, mirade!!!!

                                 

 





Gaudí na 3D

 Así naceu o noso Gaudí que acompañará ao alumnado de educación infantil no novo proxecto que están a realizar.












Cantamos os contos en 3° de primaria

Na clase de música o alumnado de 3° de primaria debuxou os seus contos favoritos. Traballaron a canciòn de Pablo Díaz "Imos contar un conto" e empregaron o seu retrouso como fío condutor para representalo.

Mirade que chulo lles quedou!!!



Gaudí chega a infantil

Hoxe os nenos e nenas de infantil tiveron un agasallo sorpresa. 

No patio, no banco de Rosalía, o Ser Covasmola das artes, tiña un gran paquete con forma de caramelo e unha carta.

Moi emocionados abriron o paquete e leron a carta que Rosalía escribiu para eles.

Un novo proxecto chegou ao noso cole e o alumnado de infantil vai a pescudar sobre Antonio Gaudí!!!!

O paquete estaba cheo de libros deste grande artista xunto cunha figura na que o arquitecto porta a Sagrada Familia feita na impresora 3D da biblio.

Iniciamos unha nova aventura!!!

Grazas Rosalía ♥️













 








V: Vela ecolóxica. Experimento en 4 anos.

A aula de 4 anoa rematou a semana cun novo experimento. 

No rosco COVASMOLA foi a que da letra V: Vela ecolóxicas.

Seguimos as instrucións xunto con Mariña e aquí tedes o resultado.


                               

 





13/11/26

“Se almorzas ben, estarás fetén”

Hoxe tivemos unha representación teatral organizada pola Diputación De Lugo que non podía ser máis COVASMOLA.
Rifi, Rafe é un famoso cociñeiro que prepara almorzos completos e saudables por todo o mundo.  É un “showman” da cociña que canta as bondades dos alimentos a quen queira escoitar. 
Rifi, tamén é un médico de primeiro nivel, especialista en nutrición, elabora as mellores dietas e coñece os alimentos e as súas propiedades como se fosen os seus fillos e fillas.
É un experto consumado en hábitos saudables na infancia e as súas charlas son famosas en todo o mundo, por divertidas, entretidas e sorprendentes. É quen de converter en cancións e coreografías aqueles hábitos que farán dos nenos e nenas os mellores e máis saudablemente alimentados do mundo, por divertidas, entretidas e sorprendentes. Rifi ensinounos as bondades dun bo almorzo e dunha vida activa, convertendo os almorzos nunha festa e facendo certa a máxima que di que “O almorzo é a comida máis importante do día.

Moitas grazas Rifi Rafe!!!