25/2/25

Xornadas de Portas Abertas

Celebramos as Xornadas de Portas Abertas para o novo alumnado do curso 25-26. Foi unha visita moi tenra e do máis doce. Despois de visitarnos quixemos despedilos cuns agasallos e vémonos en setembro no cole de Covas. 

Covasmola🥰










23/2/25

Tubos literrarios: "Parece unha rosa"

Seguimos coas nosas lecturas agora no segundo trimestre na aula de 4 anos.

Nesta ocasión traballamos un libro para a conmemoración do día de Rosalia de Castro "Parece unha rosa". Seguimos afianzando o traballo da psicomotricidade fina,  con boliñas de papel para decorar o  tubo.

Sobran as palabras!!! 💗💗💗





18/2/25

Luz negra

O alumnado de 5° de Educación Infantil experimentaron coa luz negra na aula sensorial. Comprobaron como brillaba a súa roupa, deron cor á silueta das súas mans e  quedaron abraiados como alumeaba na escuridade a témpera nova. 

De seguro que repetiremos con esa LUZ MÁXICA :-)










14/2/25

Día Mundial da Radio

O alumnado de educación infantil tamén celebrou o Día Mundial da Radio no recanto artístico. Construíron e decoraron unha cintas de casette que tiñan un código Qr onde escoitar "What a wonderful world".





13/2/25

Día Mundia da Radio (13 de febreiro)

 Hoxe conmemoramos o Día Mundial da Radio desde a Radiocovas

Preme na imaxe para visitar o podcast deseñado para o día de hoxe. Un noticiario incríble!!!

PREME NA IMAXE


Desde PONTE NAS ONDAS tamén divulgaron o noso podcast!!!!









5/2/25

Viveiro, o noso concello, no recanto de robótica

Esta semana, no recanto de robótica, traballamos na pizarra dixital e co robot diferentes lugares do noso pobo, Viveiro.

Visitamos fontes, praias, monumentos, igrexas.., para achegar o patrimonio, tanto natural como cultural da nosa contorna, ao alumnado de educativo infantil. 

Afianzamos a  psicomotricidade fina tan precisa nesta etapa para posteriores aprendizaxes, inserindo e enroscando parafusos, unha actividade que lles encanta!!!!







3/2/25

Creatividade a tope na aula sensorial!!

Máis momentos de creatividades dos nenos e nenas de 4 anos!!!

Aprendizaxe e diversión na aula sensorial. Traballo cooperativo,decidir entre todos, poñerse de acordo e deixar voar a imaxinación. 

O resultado foi marabilloso!!!!