13/3/26

Un recanto de robótica do máis pirata

Figuriño segue a traballar os piratas na Educación Infantil. 

Realizamos actividades sobre os piratas durante esta quincena no recanto de robótica: 

  • actividades de memoría
  • quebracabezas
  • iniciación á programación
  • clasificación de pezas imantadas no cofre da mesma cor
  • asociación de vocablos con imaxes realización de labirintos 

Foi toda unha aventura Pirata!!!







  

                             

11/3/26

Barcos pirata e luz negra

Na aula de 6º de educación infantil seguimos disfrutando da  aula escura e da luz negra. Así quedaron os barcos coas velas fluorecentes!!!!😍😍😍😍😍😍

Figuriño está encantado coa actividade!!!













 

                             

10/3/26

Impresións que contan moito

Un conto favorito feito realidade coa 3D.

"Por una sonrisa, un cielo"



                             



9/3/26

LECTURAS PARA O 8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Alumeamos o Punto Lila cunha nova escolma de lecturas para conmemorar o Día da Muller.

A selección de fondos e a cartelería foi realizada polo equipo de colaboradoras da Bibliocovas.

Agardamos que gocedes coas lecturas elixidas!!!!







8/3/26

Día da Muller 2026: "MARUXA"

Para traballar sobre os dereitos da muller, eliximos un conto do máis divertido: "Maruxa", representado polo alumnado de 6º de Educación Primaria.

Agardamos que gocedes coas experiencias de Maruxa e Pepiño.

Feliz Día da Muller!!!!





                             



3/3/26

Experimentamos: Flotando

Mariña está que non para!

Coa axuda de Figuriño e os nenos e nenas de educación infantil esta semana no recanto sensorial traballamos as hipóteses utilizando uns barcos pirata que realizamos previamente,

Flotará ou non flotará?

A conclusión é que si,o noso pequeno barco flotou!!