28/4/22

Lectura e Familias; 2º Obradoiro Co-Creación con Lucas Requejo

Onte tivemos o segundo Obradoiro de Co- Creación para as familias da Bibliocovas e, como as familias da primeira sesión, tamén disfrutamos un montón. Libros e cociña saudable son unha combinación perfecta!!!😍😍😍😍😍😍

Como disfrutamos vendo a Bibliocovas cheíña de familias!!!

Grazas Lucas 👏👏👏👏👏👏👏















27/4/22

Lectura e familias de abril!!! 1º Obradoiro

Primeiro Obradoiro de Co-Creación con Lucas Requejo dentro do Programa Lectura e Familias

Pasámolo bárbaro!!!!😍😍😍😍😍😍😍

















Polos Creativos!!!!

Na Bibliocovas tamén apostamos pola Ciencia tal e como ven de amosar o alumnado de 1º de educación Primaria sendo seleccionado na Iniciativa Atrévete a pescudar con elas! convocada pola Unidade de Divulgación Científica da Universidade de A Coruña.

Así que no Día de onte fumos á presentación do novo programa "Polos creativos" e vimos marabillados coa paixón do alumnado explicando os seus proxectos. Xa vos anunciamos que participaremos na convocatoria 💓💓💓💓💓💓💪💪💪💪💪


Máis info .. "Polos creativos"



1º de EP seleccionado na Iniciativa "Atrévete a pescudar con elas!"

O alumnado de 1º de Educación Primaria foi seleccionado na Iniciativa para celebrar o Día das Mulleres e as Nenas na Ciencia "Atrévete a pescudar con elas" convocada pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña. O seu premio será visitar algún dos centros do Parque Tecnolóxico da Universidade e así poder ver o lugar de traballo das nosas científicas!

Parabéns
👏👏👏👏
Aquí vos deixamos o seu traballazo...


e a convocatoria







22/4/22

Feliz Día do Libro!!!!!

 Hoxe celebramos o Día do Libro!!!!! 

Os nenos e nenas de infantil, dentro do Proxecto Superheroes, fixeron uns marcapáxinas ideais!!!!!😍😍😍😍😍😍






Desde o departamento de Orientación crearon un sinfín de emocións a partires da lectura ás escuras do libro "Que bigotes me pasa" de María Leach e Olda de Dios empregando a luz negra.

Esperamos que vos guste!!!! 💓💓💓💓💓💓💓💓