13/11/09

FESTA NO COLE PARA CELEBRAR O MAGOSTO




O día 11 de Novembro celebramos no cole o Magosto cunha exposición de cabazas feitas polos nenos e nenas.Todos os nenos e nenas trouxeron unha presa de castañas e as nais da ANPA asáronnas nunha panadería.Tamén vimos como se asaban as castañas nun bombo e despois comimos nelas e estaban boísimas.
Pero eso non foi todo xa que era o DÍA DO PEÓN ("Polo San Martiño, peóns ao camiño")e decoramos os nosos peóns que temos expostos na entrada do colexio.
Os nen@s de 6º leron o Manifesto do "Dìa do peón 2009" TIRA POLA PIOLA de Suso de Toro e tod@s entonamos a canción designada como o himno da xornada "Como o trompo" composta pola banda Ourensans.
E para rematar disfrutamos facendo bailar e xirar os nosos peóns.

No hay comentarios: