23/4/13

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E OS DEREITOS DE AUTOR

Conmemoramos o Día Internacional do Libro cunha sesión de contacontos na que os nenos e nenas de 3º,4º,5º e 6º de Primaria foron ata as clases de Infantil e o 1º Ciclo para lerlles un conto.
Os nenos e nenas do 2º e 3º Ciclo están traballando nun obradoiro de creación de libros e cada un está a facer un libro que lles entregarán aos nenos e nenas máis pequenos do colexio.
 No Día do Libro conmemórase a data da morte de Miguel de Cervantes e William Shakespeare en 1616.




Os alumnos/as de 6º de Primaria estiveron traballando na clase de inglés sobre William Shakespeare.

Todos os nenos/as están completando os seus pases ao LIBERESPAZO.