24/6/13

TOD@S AO TEATRO

O último día de clase fumos todos os nenos e nenas ao teatro, pero no colexio. Representamos as obras que ensaiamos durante o curso, recitamos poemas, tivemos títeres, bailamos e cantamos en inglés e ata fixemos unha película. Esta era a derradeira actividade dentro do monográfico sobre o teatro que traballamos este ano. En infantil os nenos e nenas de 3 anos representaron a obra de Roberto Vidal Bolaño "Touporroutou da lúa e do sol". Na clase de 4 anos cantaron "Compañeiro sei tocare". En 5 anos puxeron en escena "A gaita e o pandeiro de Roberto Vidal Bolaño". Os nenos e nenas de 1º de primaria fixeron unha película sobre unha obra de teatro "Todo é un conto". Na clase de 2º de primaria recitaron poemas. Os nenos e nenas de 3º de primaria fixeron teatro de títeres coa obra "Rata feroz" e despois cantaron unha canción en inglés. En 4º de primaria representaron a obra "O sol, a lúa e o vento". Os nenos e nenas de 5º de primaria fixeron a obra "The farm" en inglés. En 6º de primaria a obra elexida foi "O casamento do piollo e a pulga" e para rematar cantaron unha canción en inglés sobre os amigos.
 Despedimos aos nenos e nenas de 6º de primaria que inician unha nova etapa no instituto.
 Boa sorte a Aldán, Mara, Brais, Nelphy, Miguel, Noa, Carla, Adrián, Andrea, Yessica, Diana, Eric, Estefanía, Jorge, Óscar, Nerea, Álvaro, Claudia, Carme e Lucas.