13/11/13

CELEBRAMOS O MAGOSTO

O luns celebramos o Magosto no colexio. Durante estes días todos os nenos e nenas fixeron diferentes manualidades con froitos e materiais desta época: noces, castañas, follas...
A exposición dos traballos e de produtos típicos desta época é espectacular con traballos moi creativos.
 Como tamén foi o DÍA DO PEÓN, os nenos e nenas decoraron os seus das maneiras máis orixinais. A ANPA colaborou con nós asando as castañas que trouxeron os nenos e nenas. Tamén se encargaron de repartilas xunto con noces e zume ou auga.
Algúns alumnos/as (dos maiores) axudaron aos nenos e nenas de infantil a pelar as castañas. Juan, o conserxe, asou castañas da maneira tradicional.
 Despois o alumnado de 6º leu o Manifesto do Peón e acto seguido houbo unha exhibición bailando os peóns por parte dos nenos e nenas. Katie tamén probou a bailar o peón sen moito éxito.