11/4/14

VOLUNTARIADO DE LECTURA- VISITA Á ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL "SAN ROQUE"

Seguimos coas actividades do proxecto "Voluntariado de lectura". Esta vez foron os nenos e nenas de 5º de Primaria de visita á ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL "SAN ROQUE" en Viveiro. Alí fixeron unha lectura do conto "Non quero ser un polbo" co Kamishibai que ilustraron os mesmos nenos/as. Tamén les leron o libro "Bebé bigotes" e por último dramatizaron "A tartaruga que quería durmir" con monicreques feitos por eles. Realizaron tres sesións para os nenos e nenas de 3,4 e 5 anos, que se portaron moi ben e estiveron moi atentos. Foi unha experiencia estupenda para todos.